miniatura|dereita|Steven Seagal no 2006. Steven Frederic Seagal, nado en Lansing (Míchigan) o 10 de abril de 1952, é un actor de cine de acción estadounidense e especialista en artes marciais, cinto negro 7º dan en Aikido.
Traxectoria É fillo de pai xudeu e nai irlandesa católica. Na súa xuventude mudáronse a Fullerton (California) e empezou a estudar artes marciais da man do famoso mestre de aikido Fumio Demura. O final da súa adolescencia, Seagal formou parte do Equipo de Demostración de Karate de Demura e fixo demostracións diarias no Japanese Deer Park, un parque de atraccións no sur de California. Cando tiña dezanove anos mudouse ao Xapón para continuar o seu estudo de artes marciais.
No Xapón Seagal adestrou con varios mestres como Hiroshi Isoyama e Seiseki Abe, e obtivo o cinto negro 7º dan en aikikai. Casou cunha estudante de Abe Sensei, Miyako Fujitani. Foi o primeiro non xaponés en aconseguir as credenciais de mestre e poder ensinar aikido no Xapón. Despois do seu retorno aos Estados Unidos, Seagal abriu o Tenshin Bugei Gakuen en 1982, seguidor do Dojo no que ensinou no Xapón. esquerda|miniatura A primeira aparición de Seagal na industria do cine produciuse cando foi contratado como coordinador de especialistas na película de 1982 The Challenge, protagonizada por Toshiro Mifune. En 1983 Seagal volveu aos Estados Unidos, unha década despois de marchar, para intentar unha carreira no mundo do cine. En 1984, casou coa súa segunda esposa, a actriz Adrienne La Russa, cando aínda non estaba divorciado da súa primeira esposa. O seu terceiro matrimonio foi coa actriz Kelly LeBrock, a quen coñeceu cando foi contratado para ser o seu gardacostas.
A carreira de Steven Seagal como actor colleu pulo cando Michael Ovitz, presidente dunha das axencias de talentos máis fortes de Hollywood, Creative Artists Agency (CAA), foi ao estudio de Aikido de Seagal en Burbank, California, e se converteu no seu alumno. Despois disto, a carreira de actor de Seagal engalou e fíxose coñecido polos seus papeis en películas de artes marciais.
Seagal produciu moitas das películas que protagonizou, e tamén participou no guión e na dirección. Os papeis de Seagal non coinciden co arquetipo de heroe de acción. Os personaxes que interpreta acotío son perfectos, sen limitacións e con pouco desenvolvemento do personaxe.
Nos últimos anos, con películas como Belly of the Beast e Half Past Dead, Seagal especializouse en películas destinadas ao mercado de vídeo. A súa estrea en cines mais recente foi Exit Wounds no ano 2001.
Filmografía Ano Título Papel 1988 Above the Law Nico Toscani 1990 Difícil de matar Mason StormMarked for Death John Hatcher 1991 Buscando xustiza Det. Gino Felino 1992 Under Siege Casey Ryback 1994 En terra perigosa Forrest Taft 1995 En terra perigosa 2 Casey Ryback 1996 Decisión crítica Tenente Coronel Austin Travis The Glimmer Man Tte. Jack Cole 1997 Fire Down Below Jack Taggart 1998 The Patriot Dr. Wesley McClaren 1999 Get Bruce El mesmo2001 Exit Wounds Orin BoydTicker Frank Glass 2002 Half Past Dead Sasha Petrosevitch 2003 The Foreigner Jonathan Cold Out for a Kill Prof. Robert Burns Belly of the Beast Jake Hopper2004 Out of Reach William Lansing Clementine Jack Miller2005 Into the Sun Travis Hunter Submerged Chris Cody Today You Die Harlan Banks Black Dawn Jonathan Cold2006 Mercenary for Justice John SeegerShadow Man Jack FosterAttack Force Cmdr. Marshall Lawson 2007 Flight of Fury John SandsUrban Justice Simon Ballister 2008 Pistol Whipped Matt Conlin The Onion Movie Cock PuncherKill Switch Jacob 2009 Against the Dark Tao Driven to Kill RuslanThe Keeper Roland Sallinger 2009–Steven Seagal: Lawman El mesmo2010 A Dangerous Man Shane DanielsMachete TorrezSheep Impact Paul Weland 2011 Born to Raise Hell Samuel Axel 2012 Maximum Conviction Cross2013 Gutshot Straight Paulie Trunks Force of Execution
Discografía Songs from the Crystal Cave (2005) Mojo Priest (2006)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial de Steven Seagal
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Personalidades das artes marciais Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Nados en Lansing, Míchigan Categoría:Nados en 1951 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá