O Estadio George Lewis Capwell é un estadio de fútbol situado na cidade de Guayaquil, en Ecuador, propiedade do Club Sport Emelec, que xoga nel os seus encontros como local da Liga ecuatoriana. O estadio foi construído entre 1943 e 1945, e inaugurado o 21 de outubro de 1945, converténdose no primeiro estadio de Ecuador en ser propiedade dun club deportivo. No momento da súa inauguración collían 11.000 persoas nas bancadas. Actualmente teñen capacidade para acoller a 30.016 espectadores.

O nome do estadio é unha homenaxe ó fundador do club, un estadounidense que chegou a Ecuador coa misión de construír unha central eléctrica en Guayaquil, e que quixo crear un club deportivo para os empregados da empresa. Esa empresa, chamada Empresa Eléctrica de Ecuador, da nome ó club (Em-El-Ec). 300px 15px 15px Situación do estadio en Guayaquil. O recinto foi construído coa idea de que nel se practicase o béisbol, pero a popularidade crecente do fútbol entre empregados e espectadores fixo que finalmente se dedicase só á esta practica deportiva.

A Copa América do ano 1947 disputouse integramente neste estadio. Non obstante, a posterior construción na cidade do Estadio Modelo fixo que o Estadio George Capwell caese en desuso, ata tal punto que a finais dos anos 70 era un estadio en ruínas, e estivo a piques de ser vendido varias veces. Foi a finais dos anos 80 cando se tomou a decisión de reconstruílo. A reinauguración tivo lugar o 26 de maio de 1991, cunha capacidade para mais de 21.000 persoas, e dende entón é un dos estadios de referencia no país. En 1993 acolleu dous encontros da Copa América. Certas remodelacións posteriores ampliaron a súa capacidade ata as 30.016 persoas, e existen plans para facer unha nova ampliación en 2012 ata as 40.275.

Véxase tamén Ligazóns externas Galería fotográfica do estadio en WorldStadiums Estadio George Capwell na páxina oficial do CS Emelec

Categoría:Estadios de fútbol de Ecuador