Ricard "Ricky" Rubio Vives, nado o 21 de outubro de 1990 en Barcelona, é un xogador profesional español de baloncesto.

Traxectoria profesional España miniatura|esquerda|250px|Camiseta asinada de Ricky Rubio (2009) Rubio debutou na Liga ACB na tempada 2005-06 co DKV Joventut. Ese ano gañou o EuroChallenge co equipo. Liderou a ACB en roubos de balón na tempada 2006-07. Nesa mesma tempada, gañou o premio ao xogador revelación da liga. Rubio ademais foi o mellor xogador novo do ano da FIBA en 2007, 2008 e 2009, que premia ao mellor xogador do ano de 22 anos ou menos.FIBAEurope.com Rubio article. Fixo o seu debut na Euroliga o 24 de outubro de 2006. Gañou a Eurocup co Joventut en 2008. Foi elixido coma o mellor base da ACB en 2008 e 2010.

Na tempada 2008-09 foi elixido coma o mellor xogador defensivo da liga, e ao remate desa tempada, declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.Marca.com Ricky Rubio confirma que se inscribirá en el 'draft'.ESPN.com Agent confident Rubio to stay in draft. Nese ano, fichou polo FC Barcelona, onde estivo dous anos.

NBA O 1 de xuño de 2011, anunciouse que Rubio e Minnesota chegaron a un acordo para que o xogador chegase aos Timberwolves na tempada 2011-12. Rubio debutou con Minnesota o 26 de decembro de 2011 no Target Center, que rexistrou un cheo absoluto, primeiro cheo no pavillón dende a tempada 2007-08. Nese partido, Rubio fixo 6 puntos, 5 rebotes e 6 asistencias na derrota por 104-100 contra os Oklahoma City Thunder.

O 30 de xuño de 2017, Rubio foi traspasado ós Utah Jazz a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.

O 8 de xullo de 2019, Rubio asinou un contrato de tres anos e 51 millóns de dólares cos Phoenix Suns.

O 16 de novembro de 2020, Rubio foi traspasado xunto a Kelly Oubre Jr., Ty Jerome e Jalen Lecque ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Chris Paul e Abdel Nader. Tan só dous días despois, Rubio foi traspasado de novo ós Minnesota Timberwolves.

O 3 de agosto de 2021, Rubio foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ricky Rubio's Official Site / Perfil en NBA.com Perfil en Eurobasket.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto