Almudena Chacón Pichel, nada na Coruña, é unha economista galega, interventora xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende 2012.

Traxectoria Licenciada en Económicas pola Universidade da Coruña, realizou un mestrado en fiscalidade na Universidade de Bath (Inglaterra), e aprobou unhas oposicións á Xunta de Galicia, co que desenvolveu toda a súa carreira profesional na administración autonómica, como interventora e inspectora. Foi a interventora da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e subdirectora xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas da Intervención Xeral (2009-2012). En xaneiro de 2012 foi designada interventora xeral da Comunidade Autónoma en substitución de Elena Muñoz, que pasou a ser a conselleira de Facenda.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña