Götterdämmerung (en galego O ocaso dos deuses, ou literalmente O crepúsculo dos deuses) é unha ópera en 3 actos cun prólogo, con música e libreto de Richard Wagner. É a última das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Tivo a súa estrea no Bayreuth Festspielhaus de Bayreuth o 17 de agosto de 1876, dentro da primeira representación completa da tetraloxía.

O título é unha tradución ao alemán da expresión Ragnarök, que en antigo nórdico e no contexto da mitoloxía xermánica se refería á profetizada guerra entre os deuses que conduciría á fin do mundo. Porén, como no resto das óperas do ciclo, a narración da apocalipse que fai Wagner, difire significativamente das antigas fontes nórdicas.

É a terceira xornada do anel chamada "Götterdammerung". Aquí os personaxes mitolóxicos que sostiveron a acción das xornadas anteriores ceden o seu posto aos homes, que proseguen na terra a loita iniciada na segunda escena de Das Rheingold, ao saber Wotan, polo relato de Loge, da existencia dos tesouros do Nibelungo. O mesmo título mostra que, aínda que Wotan non aparece en escena, tamén aquí a acción principal é a que se desenvolve na alma do deus, e tanto a música (co leitmotiv de Wotan, o da súa lanza, e o do poder dos deuses) coma os relatos dos personaxes, nos lembran permanentemente a presenza do deus.

Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto nº 59 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 16ª en Alemaña e a oitava de Wagner, con 75 representacións.

Personaxes Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 17 de agosto de 1876(Director: Hans Richter) Siegfried tenor Georg Unger Brünnhilde soprano Amalie Materna Alberich barítono Karl Hill Hagen, seu fillo baixo Gustav SiehrGunther, medio irmán de Hagen barítono Eugen Gura Gutrune, medio irmán de Hagen soprano Mathilde WeckerlinWaltraute, valquiria irmá de Brünnhilde mezzo-soprano Luise Jaide Primeira Norna contralto Johanna Jachmann-Wagner Segunda Norna mezzosoprano Josephine Schefsky Terceira Norna soprano Friederike Grün Woglinde, filla do Rinsoprano Lilli Lehmann Wellgunde, filla do Rin soprano Marie Lehmann Flosshilde, filla do Rin mezzosoprano Minna Lammert Vasalos, mulleres

Instrumentación 200px|miniatura|dereita|Unha trompa wagneriana. A partitura de Wagner require da utilización de:

Instrumentación de Götterdämmerung |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en Si bemol, clarinete baixo, 3 fagots.Metais |- | | 4 trompas, 4 trompas wagnerianas en Si e en Fa, 3 trompetas en Mi bemol, trompeta baixa, 3 trombóns (tenor, baixo e contrabaixo), tuba. |- | bgcolor="#FFECB2"|Archi 16 violíns I, 16 violíns II, 12 violas, 12 violonchelos, 8 contrabaixos

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Der Ring des Nibelungen Categoría:Canon de Bayreuth Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1876