Os malacántidos ( Malacanthidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúese polo Atlántico, Índico e Pacífico a profundidades de entre 10 e 500 m (normalmente entre 50 e 200 m). A especie Malacanthus latovittatus pode atoparse tamén en esteiros.
Características Presentan unha soa aleta dorsal, longa, con 22 a 84 espiñas e radios; a anal tamén longa cunha ou dúas espiñas débiles e 11-55 radios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 radios brandos; aleta caudal truncada ou algo furcada. No opérculo hai normalmente unha espiña aguda e patente.
Os exemplares de maior tamaño poden acumular importantes cantidades de mercurio na súa carne, un metal pesado tóxico e bioacumulable, polo que están considerados responsables potenciais de intoxicacións por este elemento. Por esta razón a FDA americana recomendou en 2001 que as mulleres embarazadas ou en período de lactación, e mailos meniños, evitasen o consumo deste peixe Así como de tiburón, xarda do Atlántico e peixe espada ..miniatura|300px|Caulolatilus cyanops|centro Clasificación A familia divídese en dúas subfamilias Existe a proposta de separalas en cadansúa familia propia. e 5 xéneros: Subfamilia Latilinae: Xénero Caulolatilus (Gill, 1862) Xénero Lopholatilus (Goode e Bean, 1879) Subfamilia Malacanthinae: miniatura|Branchiostegus wardi miniatura|Malacanthus brevirostris Xénero Branchiostegus (Rafinesque, 1815) Xénero Hoplolatilus (Günther, 1887) Xénero Malacanthus (CuvierDesam, 1829)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía ITIS Consumo de pescado y exposicion al metilmercurio. Riesgos y beneficios durante el embarazo La contaminación con mercurio (véxase blanquillo)
Categoría:Percoideos