Os morónidos ( Moronidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas costeiras mariñas de Norteamérica (Atlántico e golfo de México), Europa (incluíndo o mar Mediterráneo) e norte de África.
Características De corpo medianamente alargado, algunhas especies poden superar amplamente a lonxitude dun metro. A liña lateral esténdese ó longo de todo o corpo, ata alcanzar a caudal. Opérculo con dúas espiñas.
Dúas aletas dorsais, a primeira con 8 a 10 espiñas e a segunda cunha espiña e 10-13 radios brandos; anal con tres espiñas e 9-12 radios brandos.
Son moi apreciados na pesca deportiva.miniatura|300px|Unha robaliza.|centro Clasificación Comprende dous xéneros e seis especies: Xénero Dicentrarchus Dicentrarchus labrax (Linnaeus, 1758) Dicentrarchus punctatus (Bloch, 1792) Xénero Morone Morone americana (Gmelin, 1789) Morone chrysops (Rafinesque, 1820) Morone mississippiensis Morone saxatilis (Walbaum, 1792)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Percoideos