Gemma di Vergy é unha traxedia lírica ou ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giovanni Emanuele Bidera, baseado na traxedia Charles VII chez ses grands vassaux (Carlos VII nas casas dos seus grandes vasalos de 1831) de Alexandre Dumas, que foi posteriormente o tema da ópera Saracin do compositor ruso César Cui. Estreouse o 26 de decembro de 1834 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Eugenio Cavallini, obtendo un bo éxito.
Esta ópera apenas se representa, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de decembro de 1834(Director: - Eugenio Cavallini)Earl of VergybarítonoGiovanni Orazio CartagenovaGemmasopranoGiuseppina Ronzi de BegnisIda di GrevillemezzosopranoFelicita Baillou-HillaretTamastenorDomenico ReinaGuidobaixoIgnazio MariniRolandobaixoDomenico SpiaggiCabaleiros, arqueiros, soldados e damas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas de 1834