La straniera (en galego, A estranxeira) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado na novela L'étrangère (1825) de Charles-Victor Prévot, vizconde d'Arlincourt. Foi composta en outono de 1828 e estreada o 14 de febreiro de 1829 no Teatro alla Scala de Milán, nesta estrea Henriette Méric-Lalande e Domenico Reina actuaron nos roles principais, mentres que Alessandro Sanquirico foi o encargado da escenografía. Esta ópera caeu no esquecemento durante a última parte do século XIX e boa parte do século XX, e só foi reposta en 1968 en Palermo (Teatro Massimo) con Renata Scotto no rol principal. A personaxe de Alaide foi posteriormente interpretado por Montserrat Caballé, Renée Fleming, e máis recentemente, por Patrizia Ciofi.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase aparece con só 1 representación no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 14 de febreiro de 1829(Director: -)Alaide, a estranxeirasopranoHenriette Méric-LalandeArturo, conde de RavensteltenorDomenico ReinaValdeburgo, barón, irmán secreto de AlaidebarítonoAntonio TamburiniIsoletta, prometida de ArturomezzosopranoCaroline UngerOsburgo, confidente de ArturotenorLuigi AstiIl signore di Montolino, pai de IsolettabaixoDomenico SpiaggiPrior dos HospitalariosbaixoStanislao Marcionni
Notas Stelios Galatopoulos, Bellini: Life, Times, Music, Biddles Ltd, 2002. J. Warrack e E. West, The Oxford Dictionary of Opera, 1992. Bernard Holland, "Opera/Review: How Bellini's Second Thoughts Were Really First" , The New York Times, 10 de febreiro de 1993.
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1829