DODGE (acrónimo de Department of Defense Gravity Experiment) é un satélite artificial colaboración da NASA e o Departamento de Defensa dos Estados Unidos lanzado o 1 de xullo de 1967 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.

Características A misión de DODGE consistiu en probar novas técnicas de estabilización de satélites mediante gradente gravitatorio en órbitas próximas á xeoestacionaria. A maiores, levou a cabo medicións do campo magnético terrestre e fotografou a Terra en branco e negro e en cor.

A forma do satélite era octogonal, con 2,41 m de longo e 1,22 m de diámetro, cunha pirámide truncada nun dos extremos e un mastro cilíndrico de 25,4 cm de diámetro saíndo do outro extremo unha lonxitude de 1,57 m.

A bordo do satélite había dez protuberencias con mastros retráctiles que podían alongarse ou recollerse nos tres eixos a unha distancia de ata 45,75 m. O extremo cilíndrico albergaba un mastro que podía alongarse ata 4,6 m, dous mastros de ata 15,25 m que se estendían no plano x-y e un magnetómetro triaxial. Os restantes sete mastros ían dentro do corpo principal do satélite xunto co sistema de televisión encargado de tomar fotos.

O satélite funcionou durante tres anos e tomou miles de imaxes da Terra. A principios de 1971 problemas coas baterías limitaron o funcionamento aos períodos nos que o satélite estaba iluminado polo Sol. Pouco despois foi apagado e deixado fóra de servizo.

Notas

Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América