La Fille du régiment (en galego, A filla do rexemento) é unha ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en francés de Jean François Bayard e J. H. Vernoy de Saint-Georges, baseado nunha peza de Gollmick. Foi estreada o 11 de febreiro de 1840 na Opéra-Comique de París. Unha versión lixeiramente diferente en italiano (en tradución de Callisto Bassi: La figlia del reggimento) foi adaptada aos gustos do público italiano.
Esta obra segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 76 entre as 100 óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a número 31 en Italia e a cuarta de Donizetti, con 53 representacións.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 11 de febreiro de 1840(Director: Gaetano Donizetti)Marie, unha vivandièresoprano de coloraturaGiulietta BorgheseTonio, un xove tiroléstenorMécène Marié de l'IsleSargento SulpicebaixoHenry Deshaynes ("Henri")A marquesa de BirkenfeldcontraltoMarie-Julie Halligner ("Boulanger")Hortensius, un carniceirobaixoD. Delaunay-RicquierUn cabobaixoGeorges-Marie-Vincent PaliantiUn campesiñotenorHenry BlanchardA duquesa de Krakenthorppapel faladoMarguerite BlanchardUn notariopapel faladoLéonSoldados franceses, pobo tirolés, sirvientes domésticos da duquesa
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1840