Zibo é unha municipalidade da provincia de Shandong no leste da China. Segundo o censo, en 2010 tiña 4.530.600 habitantes.

Ten unha superficie de 5.938 km².Limítrofe ao oeste coa capital provincial Jinan, é froito da unión da antiga cidade de Zichuan (século II a.n.e.) e a cidade mineira de Boshan (de aí o nome Zi-Bo), e que en 1954 anexionouse unha terceira cidade, Zhangdian, nó de comunicacións na chaira setentrional, onde pasou a residir a sede administrativa do municipio.

A riqueza mineira converteuna no século XX nun grande e diversificado centro industrial.

Categoría:Cidades da China