EURECA (acrónimo de European Retrievable Carrier) foi un satélite artificial da ESA lanzado na bodega do transbordador espacial Atlantis desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-46.
Características EURECA foi un satélite deseñado para ser soltado desde o transbordador espacial e ser recuperado tras un tempo por outro transbordador. Aínda que era reutilizable só voou unha vez.
Na súa primeira e única misión levou a cabo investigacións relacionadas con materiais, bioloxía e radiobioloxía baixo un contorno de microgravedade e realizou experimentos sobre observación terrestre, física solar e espacial e astrofísica.
A estrutura do satélite estaba feita de fibra de carbono e titanio. A alimentación eléctrica, unha vez soltado da bodega de carga do transbordador, era proporcionada por un par de paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.
O satélite orientábase nos tres eixos mediante un sistema de torque magnético xunto con sistema de reacción alimentado por nitróxeno. Foi recuperado durante a misión STS-57 polo transbordador Endeavour.
Experimentos EURECA levaba 15 experimentos a bordo: miniatura|Solta do satélite EURECA desde a bodega do transbordador Atlantis.
Solution Growth Facility (SGF) (Bélxica): experimento para estudar o crecemento de monocristais a partir de disolucións. Protein Crystallization Facility (PCF) (Alemaña): para o estudo da cristalización de proteínas no espazo. Exobiology and Radiation Assembly (ERA) (Alemaña): usado para experimentos sobre os efectos biolóxicos da radiación no espazo.G. Reitz, W. Atwell, R. Beaujean, J. W. Kern, “Dosimetric results on EURECA,” Advances in Space Research, Vol. 16, 1995, pp. 131-137 Multi-Furnace Assembly (MFA) (Italia): para o estudo de materiais. Automatic Mirror Furnace (AMF) (Alemaña): forno óptico para estudar o crecemento uniforme de cristais únicos a partir das fases de líquido ou vapor. Surface Forces Adhesion Instrument (SFA) (Italia): para o estudo da dependencia de forzas superficiais e enerxías internas con outros parámetros físicos. High Precision Thermostat Instrument(HPT) (Alemaña): instrumento para experimentos a longo prazo que necesiten condicións de microgravedade e medicións de alta precisión de temperatura e control. Solar Constant and Variability Instrument (SOVA) (Bélxica): radiómetro para a medición da constante solar.D Crommelynck, V Domingo, A Fichot, C Fröhlich, B Penelle, J Romero, Ch Wehrli, “Preliminary Results from the SOVA Experiment on Board the European Retrievable Carrier (EURECA),” Metrologia, Vol. 30, 1993, pp. 375-379, doi:10.1088/0026-1394/30/4/032D. Crommelynck, V. Domingo, C. Froehlich, “The solar variations (SOVA) experiment in the Eureca space platform,” Proceedings of the Interdisciplinary Scientific Commission E Meeting (ME.7) of the COSPAR, 28th Plenary Meeting, The Hague, The Netherlands, June 25-July 6, 1990 Solar Spectrum Instrument (SOSP) (Francia): estudo da física solar e da relación entre o Sol e a Terra nos campos da aeronomía e a climatoloxía.G. Thullier, M. Herse, D. Labs, T. Foujols, W. Peetermans, D. Gillotay, P. C. Simon, H. Mandel, “The Solar Spectral Irradiance from 200 to 2400 nm AS Measured by the SOLSPEC Spectrometer from the ATLAS and EURECA Missions,” Solar Physics, Vol. 214, 2003, pp. 1-22 Occultation Radiometer Instrument (ORI) (Bélxica): adicouse a estudar a densidade dos aerosois e gases traza na mesosfera e exosfera terrestres.E. Arijs, D. Nevejans, D. Fussen, P. Frederick, E. van Ransbeeck, F. W. Taylor, S. B. Calcutt, S. T. Werrett, C. L. Hepplewhite, T. M. Pritchard, I. Burchel, C. D. Rodgers, “The ORA occultation radiometer on EURECA; Instrument description and preliminary results,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, pp. 33-36D. Fussen, E. Arijs, F. Leclere, D. Nevejans, C. Bingen, “Tomography of the Earth's atmosphere by the spaceborne occultation radiometer ORA: Spatial inversion algorithm,” Journal of Geophysical Research, Vol. 102, No. D4, 1997, pp. 4357-4366 Wide Angle Telescope (WATCH) (Dinamarca): tratábase dun telescopio de raios gamma e raios X para o estudo das explosións de raios gamma e das fontes de raios X con enerxías no rango entre 6 e 150 keV.S. Brandt, N. Lund, A. J. Castro-Tirado, “Observations of cosmic gamma ray bursts with WATCH on EURECA,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, 1995, pp. 43-46 Timeband Capture Cell Experiment (TICCE) (Reino Unido): estudo da poboación de micropartículas no espazo próximo á Terra. Radio Frequency Ionization Thruster Assembly (RITA) (Alemaña): estudo da propulsión iónica eléctrica no spacio.“Radiofrequency Ion Thruster Heritage: EURECA,” URL: http://cs.astrium.eads.net/sp/spacecraft-propulsion/showcase/eureca.html Helmut Bassner, Rainer Killinger, Hans Leiter, Johann Müller, “Development Steps of the RF-Ion Thrusters RIT,” IEPC-01-105 (International Electric Propulsion Conference), 2001. Inter-Orbit Communications (IOC) (Francia/Países Baixos): experimento tecnolóxico. Advanced Solar Gallium Arsenide Array (ASGA) (Italia): experimento tecnolóxico para medir o rendemento de novas células solares.C. Flores, R. Campesato, F. Paletta, G. L. Timò, F. Svelto, ”Post-Flight Investigation of the ASGA Solar Cell Experiment on EURECA”, Proceedings of the 1st IEEE International Conference on Photovoltaic Energy Conversion, Vol. 2, pp. 2076-2081, Dec. 05. - 09., 1994, Waikoloa, Hawaii, USA
Notas
Categoría:Satélites artificiais