O oseto, tamén escrito ossetio, (en oseto: Ирон æвзаг, tr. Iron ævzag) é unha lingua iraniana falada polo pobo oseto, que habitan principalmente en Osetia, unha rexión do norte da Cordilleira do Cáucaso. É un descendente directo das linguas escitas, sármatas e alanas. O oseto está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

A área oseta en Rusia é coñecida como Osetia do Norte-Alania, mentres que a área sur é coñecido como Osetia do Sur, recoñecido como estado independente por Rusia, Nicaragua, Venezuela e Nauru, pero para a maioría da comunidade internacional forma parte de Xeorxia. O número total de falantes de oseto rolda os 577 450, dos cales 451 000 habitan na Federación Rusa segundo o censo de 2010.

Historia e clasificación O oseto é a lingua falada e literaria dos osetos, un pobo que habita a parte central do Cáucaso e constitúe a maior parte da poboación de Osetia do Norte, que pertence á Federación rusa, e da Osetia do Sur, que no 2008 declarouse independente da República da Xeorxia.

O oseto pertence ao subgrupo norte do grupo iraniano oriental da familia das linguas indo-europeas. Así, posúe parentesco coas outras linguas iranianas orientais, como o pachto e o yaghnobi.

Desde a remota Antigüidade (séculos VII-VIII a.C.), as linguas do grupo iraniano espalláronse por un vasto territorio, que inclúe os actuais Irán (Persia), Asia Central, e o sur de Rusia. O oseto é o único sobrevivente do ramo nordeste das linguas iranianas coñecido como cítico. O grupo cítico inclúe diversas tribos da rexión, coñecidas nas fontes antigas como citas, masáxetas, sacas, sármatas, alanos e roxolanos. Os corasmos e os sogdianos tamén eran parentes próximos, en termos lingüísticos.

O oseto, xuntamente co kurdo, o tat e o talysh, é unha das linguas iranianas que ten unha comunidade grande de falantes no Cáucaso. Evolucionou a partir do alano, o idioma falado polos alanos, tribos medievais, descendentes dos antigos sármatas; e acredítase que sexa o único sobrevivente da lingua sármata. A lingua máis próxima, xeneticamente, é o yaghnobi, falado no actual Tadjiikistán, único outro membro aínda existente do ramo iraniano oriental do norte.Abaev, V. I. A Grammatical Sketch of Ossetic translated by Stephen P. Hill and edited by Herbert H. Paper, 1964 Thordarson, Fridrik. 1989. Ossetic. Compendium Linguarum Iranicarum, ed. by Rudiger Schmitt, 456-79. Wiesbaden: Reichert. O oseto forma o plural a través do sufixo -ta, unha característica que comparte co yaghnobi, o sármata e o sogdiano; isto é interpretado como evidencia dunha continuidade dialectal das linguas iranianas nas estepas da Asia Central. Os nomes das antigas tribos iranianas, derivadas do grego, reflicten esta pluralización: por exemplo, sármatas (Σαρομάται, transl. Saromátai) e masáxetas (Μασαγέται, Massaguétai).Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Xan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 69

Evidencias de oseto medieval A mostra máis antiga do oseto escrito é unha inscrición que data dalgún punto entre os séculos X e XII e foi encontrada preto do río Bolshoi Zelenchuk, en Arkhyz. O texto está escrito no alfabeto grego, con algúns dígrafos especiais:

—ΣΑΧΗΡΗ ΦΟΥΡΤ ΧΟΒΣΗΣΤΟΡΗ ΦΟΥΡΤ ΠΑΚΑΘΑΡΠΑΚΑΘΑΡΗ ΦΟΥΡΤ ΑΝΠΑΛΑΝ ΑΝΠΑΛΑΝΗ ΦΟΥΡΤ ΛΑΚΑΝΗ ΤΖΗΡΘΕ

Que pode ser transliterado como: <blockquote><div style ="font-size:97%;">—Saxiri Furt XovsIstori Furt BæqætarBæqætari Furt ÆmbalanÆmbalani Furt Lakani čirtī</div></blockquote> Unha tradución aproximada seria "K., fillo de S., fillo de I., fillo de B., fillo de A.; [este é] seu monumento."op. cit., pp. 55-6. O orixinal traduce apenas as iniciais; presumiblemente, isto sería porque aínda que as formas non declinadas poden ser deducidas, ningún rexistro escrito delas foron encontrados.

O outro único rexistro existente do proto-oseto son as dúas liñas de frases "alanas" que aparecen na Teogonía de Xoán Tzetzes, un poeta e gramático bizantino:

—Τοῖς ἀλανοῖς προσφθέγγομαι κατά τήν τούτων γλῶσσανΚαλή ημέρα σου αὐθεντα μου αρχόντισσα πόθεν εἶσαι "Ταπαγχὰς μέσφιλι χσινὰ κορθὶ κάντα" καὶ τ’άλλαἂν ὃ ἒχη ἀλάνισσα παπὰν φίλον ἀκούσαις ταῦταοὐκ αἰσχύνεσσι αὐθέντρια μου νὰ μου γαμὴ τὸ μουνί σου παπᾶς "τὸ φάρνετζ κίντζι μέσφιλι καίτζ φουὰ σαοῦγγε"Ladislav Zgusta, "The old Ossetic Inscription from the River Zelenčuk" (Veröffentlichungen der Iranischen Kommission = Sitzungsberichte der österreichischen Akademie der Wissenschaften. Philosophisch-historische Klasse 486) Wien:Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, 1987. ISBN 3-7001-0994-6 em Kim, op.cit., 54.

Arriba, as porcións en itálico están en oseto. Alén dunha transliteración directa do texto grego, os estudosos tentaron facer unha reconstrución fonolóxica utilizándose das pistas que o texto grego ofrece; así, en canto o "τ" (tau) normalmente tería o valor do "t" latino, neste caso este corresponde ao "d", que, se cre, sería a maneira que os antigos osetas a pronunciaban. A transliteración académica das frases alanas é: "dæ ban xwærz, mæ sfili, (æ)xsinjæ kurθi kændæ" e "du farnitz, kintzæ mæ sfili, kajci fæ wa sawgin?"; posíbeis traducións no oseto moderno serían "Dć bon xwarz, me’fšini ‘xšinć, kurdigćj dć?" e "(De’) f(s)arm neč(ij), kinźi œfšini xœcc(œ) (ku) fœwwa sawgin". A pasaxe, traducida para o galego, sería:

—Aos alanos, saúdoos nas súa lingua:"Bo día a vostede, señora de meu amo, de onde son?""Bo día a vostede, señora do meu amo, de onde son?" e outras cousas:Cando unha muller alana toma un padre como amante, oirás isto:"Non ten vergoña, miña señora, que un padre estea a foder a súa cona?" "Non ten vergoña, miña señora, de ter un caso amoroso cun padre?"

Teorízase que, durante a fase do proto-oseto, o idioma pasou por un proceso de mudanzas fonolóxicas condicionadas por un Rhythmusgesetz, ou "lei de ritmo", a través da cal os substantivos foron divididos en dúas categorías, os que posuían acentos tónicos forte e os que posuían acentos tónicos fracos. Os substantivos que tiñam acentos fortes posuían unha vogal longa "pesada", e eran acentuados na primeira sílaba deste tipo a ocorrer na palabra; xa os substantivos de acento tónico fraco eran acentuados na súa sílaba final. Esta é precisamente a situación observada nos primeiros rexistros do oseto, presentados arriba.Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Jan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 47 O mesmo ocorre no oseto moderno, aínda que nel o acento tónico sexa influenciado pola "abertura" da vogal. O fenómeno tamén é notado nun glosario iásico datado de 1422.

Dialectos Existen dous dialectos importantes do oseto: o iron e o digor, sendo o primeiro máis falado. O oseto escrito é facilmente recoñecido polo uso da letra æ, unha letra que non é utilizada por ningún outro idioma que adopta o alfabeto cirílico. Un terceiro dialecto do oseto, o xásico, foi falando na Hungría polo pobo iásico. A inmensa maioría dos osetos fala o dialecto iron ou ironiano, e a lingua literaria está baseada nel. O creador do idioma literario oseto é o poeta nacional Kosta Xetagurov (1859-1906).

Gramática De acordo co investigador ossto Vasily Abaev,

O oseto preserva diversos aspectos arcaicos do antigo iraniano, tales como oito casos e prefixos verbais.Ossetic language. (2006). Na Encyclopædia Britannica. Visitado a 15 de xaneiro de 2006, Encyclopædia Britannica Premium Service Os oito casos non son, no entanto, os casos indo-iranianas orixinais, que acabaron erodindo debido ás mudanzas na fonoloxía. Os casos modernos do oseto, coa excepción do nominativo, derivan todos dun único caso obliquo que sobreviviu do antigo iraniano e acabou fragmentándose en sete novos casos polos falantes de oseto. Isto sería unha reminiscencia do tocariano.

Sistema de escrita miniatura|300px|Primeira páxina da primeira edición do xornal Ræstdzinad, en oseto (1923). Despois da conquista rusa, o oseto, que até entón non posuía unha forma escrita, pasou a ser grafado no alfabeto cirílico; o primeiro libro en oseto en cirílico foi publicado en 1798. Ao mesmo tempo, o alfabeto xeorxiano era utilizado nalgunhas rexións ao sur do Cáucaso: en 1820 unha apostila foi publicada onde o alfabeto xeorxiano era modificado por tres letras especiais; esta escrita estivo en uso no territorio de Osetia do Sur de 1937 a 1954.

O alfabeto moderno utilizado polo oseto, baseado no cirílico, foi creado por un científico ruso de orixe finlandesa, Andreas Sjögren, en 1844; presentaba letras individuais para cada son (como o alfabeto abecasio moderno). Despois dunha breve experimentación co alfabeto latino tras a caída do Imperio Ruso, as autoridades soviéticas retornaron ao cirílico, incluíndo dígrafos para substituír a maioría dos diacríticos.

Esta é a versión do alfabeto cirílico utilizada desde 1937: А Б В Г Гъ Д Дж Дз Е Ё Ж З И Й К Къ Л М Н О П Пъ Р С Т Тъ У Ф Х Хъ Ц Цъ Ч Чъ Ш Щ Ъ Ы Ь Э Ю Я a б в г гъ д дж дз е ё ж з и й к къ л м н о п пъ р с т тъ у ф х хъ ц цъ ч чъ ш щ ъ ы ь э ю я

Este é o alfabeto latino que foi utilizado entre 1923 e 1937: A Æ B C Č D E F G H I J K L M N O P Q R S Š T U V X Y Z Ž a æ b c č d e f g h i j k l m n o p q r s š t u v x y z ž

Os dígrafos que representaban un só fonema tamén eran utilizados no alfabeto latino (ch, čh, th, dž e outros). O son æ (AFI: /æ/) é extremamente común no idioma, un aspecto que comparte co persa.

Uso do idioma O primeiro libro impreso en oseto foi publicado en 1798. O primeiro xornal, Iron Gazet, foi publicado en 1906, na cidade de Vladikavkaz.

Aínda que agora o oseto sexa a lingua oficial tanto en Osetia do Norte como en do Sur (xuntamente co ruso), o seu uso oficial limítase á publicación das novas leis nos xornais publicados no idioma.

Existen, hoxe en día, dous xornais diarios en oseto: Ræstdzinad (Рæстдзинад, "Verdade"), en Osetia do Norte, e Xurzærin (Хурзæрин, "O Arco da Vella"), en Osetia do Sur. Algúns xornais menores, como xornais distritais, utilizan o oseto para artigos illados. Existe unha revista mensual, Max dug (Мах дуг, "A nosa era"), dedicada principalmente á ficción e á poesía en oseto.

O oseto é ensinado nas escolas secundarias para todos os alumnos. Os falantes nativos do idioma tamén poden facer cursos de literatura oseta.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en oseto Bibliografía Abaev, V.I. A grammatical sketch of Ossetic (versión rusa) Abaev, V.I. Ossetian Language and Folklore, USSR Academy of Sciences, Moscova-Leningrad, 1949 Arys-Djanaieva, Lora. Parlons Ossète. París: L'Harmattan, 2004, ISBN 2-7475-6235-2. Nasidze et al., Genetic Evidence Concerning the Origins of South and North Ossetians. Annals of Human Genetics 68 (6), 588-599(2004)

Ligazóns externas "Genetic Evidence Concerning the Origins of South and North Ossetians", Max Planck Institute for Evolutionary Anthropology Páxina do oseto no proxecto Minority languages of Russia on the Net '' Historia do sistema de escrita oseta e unha táboa de caracteres Informacións sobre o idioma Omniglot - Oseto (Ирон æвзаг / Дигорон æвзаг)

Categoría:Pobo oseto Categoría:Linguas iranias orientais setentrionais Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Xeorxia