O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.

O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.

Historia É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa. O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.

Turismo +Táboa de visitantes entre 1996 e 20111996 199719981999200020012002200320042005200620072008200920102011624 510601 500603 004624 263635 876657 045622 014619 700582 800592 100616 700617 950616 600617 500614 059621 500 Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Sitio web oficial do Parque Nacional do Ministerio de Medio Ambiente Guía do visitante - Rede de Parques Nacionais Guía do Parque - Rede de Parques Nacionais Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido na Rede Natural de Aragón. Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. Rutas Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

Ordesa e Monte Perdido Aragón Categoría:Xeografía de Aragón Categoría:Patrimonio da Humanidade en Aragón Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1918