Isaac Ángel Otero Rodríguez, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filosofía e Letras pola mesma universidade coa tese La poesía de José Hierro (1972), foi profesor de Lingua e Literatura Española. Colaborou en Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo na Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela autoeditada. Recibiu o Premio Quiñones de León (1967), o I Premio Periodístico y Radiodifusión da Feira do Salmón da Estrada por "O vello e o río" (1978) e o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1981).

Obras Narrativa O sorriso de Gardel, 1988 (Premio Blanco Amor 1987). Vuelo sonoro, 1990. Marisma pacífica, 1991. Reloxo de sol, 1992.

Poesía Oración do náufrago, 1991. La Rosa de Susana, 2011.

Teatro El elegido, 1992. A luz do tempo, 1994. El cóndor de los Andes, 1996. A la memoria de un ángel, 2000. Ensaio

Mi hermano Casto Méndez Núñez, 1997. Obras colectivas Presencia de Rosalía, 1975.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info El vigués Isaac Otero publica su nuevo libro de poesía ‘La Rosa de Susana’

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes