Cul de Sac é unha banda de post-rock estadounidense formada en 1990 en Boston, Massachusetts. A súa música é principalmente instrumental. Está liderada polo guitarrista Glenn Jones, que xunto ao teclista Robin Amos son os únicos membros constantes da banda.
Cul de Sac foi clasificada por moitos críticos como post-rock, pero Jones ten expresado a súa desconformidade con ese termo. A banda ten colaborado co guitarrista John Fahey e co cantante de Can Damo Suzuki.
Glenn Jones tamén gravou tres álbums en solitario, This Is the Wind That Blows It Out (2004), Against Which the Sea Continually Beats (2007) e The Wanting (2011).
Discografía Álbum Ano Selo Observacións ECIM 1991 Capella I Don't Want to Go to Bed 1995 Thirsty Ear China Gate 1996 Thirsty Ear The Epiphany of Glenn Jones 1997 Thirsty Ear con John Fahey Crashes to Light, Minutes to its Fall 1999 Thirsty Ear Immortality Lessons 2002 Strange Attractors Audio House ao vivo Death of the Sun 2003 Strange Attractors Audio House The Strangler's Wife 2003 Strange Attractors Audio House Abhayamudra 2004 Strange Attractors Audio House ao vivo, con Damo Suzuki
Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Boston, Massachusetts Categoría:Grupos musicais formados en 1990