Ana Cibeira Vázquez, nada en Caracas en 1977, é unha filóloga, poeta e artista da colaxe galega.
Traxectoria Nada en Caracas pero criada en Santiago de Compostela, reside en Madrid. É autora de tres poemarios en galego. Desde 2003 publica poemas en diversas revistas e fanzines de todo o Estado sendo incluída en antoloxías de poesía españolas. Forma parte do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. É editora de zines artísticos e creou o selo underground Corazón Salvaxe con Belinda Sobrado, baixo o que publicaron: Zapatiños motor, Rápido, rápido -xunto ao artista HAZ-, A vida violenta. Ten expostos collages, fotomontaxes e videopoemas en festivais ao longo da península.
Interesada na fusión das artes, formou parte da banda de collage musical Humor vítreo con Jose Atomizador (2010-2012), e dende o 2014 mantén con Ágata Ahora o proxecto Simulacro, onde verten o recitado dos textos literarios do seu libro Punk secreto mesturándoos con música e outros sons, cunha clara intención transmedia para que o resultado sobrepase o literario.
Filóloga de formación, escribe recensións literarias en distintos medios, colabora en proxectos de edición, tradución e organización de obradoiros literarios, e ten traballado como profesora de literatura e libreira.
Ideou e dirixe o ciclo de recitais de poesía en Tinta Roja, onde a poesía galega ten un papel principal. Forma parte do equipo do magazine radiofónico Sangre Fucsia (Radio Ágora Sol / Eskalera Karakola) do que é cofundadora.
Obras Poesía Pintalabios, Toxosoutos, 2011 A morta, Barbantesa, 2012 Papilas analógicas. Paisaxe sur text (libro colectivo con Davidia Martín Saornil & Elia Maqueda), Progresele/ Diminutos Salvamentos, 2014
Antoloxías Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008 Marés nos pousos do café. Mostra de poetas de expresión galega en Madriddo (Grupo Bilbao), Edición de Xavier Frías, 2010 Sétimo andar, poesía alén, A porta verde do sétimo andar, 2010 Pegadas, A porta verde do sétimo andar, 2011 Madrid foi unha praia de baleas entre néboas. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Edición de Xavier Frías, 2011 Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012 Esferografías. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2014 Fisterras. Antoloxía do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2015.
Ilustración Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira, 2010, Caldeirón. Desobediencia de Rosa Enríquez, A porta verde do sétimo andar, 2011. Vitalie Rimbaud. Viaje a Londres, Edición de David González, Baile del Sol, 2012.
Obras traducidas ao castelán Antoloxías Transgeneración 1.0. Encuentro de jóvenes poetas españolas, Centro Cultural Generación del 27, 2007. Bilbao. Antología de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012. Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, Edición de Antonino Nieto, Endymion, 2012. Serial. Antología poética sobre series de televisión, Edición de Ana Santos Payán y Luna Miguel, El Gaviero, 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora Conocer al autor: sobre Esferografías
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes