José Puente Brañas, nado na Coruña o 12 de xullo de 1824 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1857, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Avogado, foi secretario da Deputación da Coruña e profesor de retórica e poética no Instituto da Coruña. Integrante do primeiro provincialismo, foi membro da Academia Literaria en Santiago de Compostela, colaborou en El Porvenir, Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, El País e El Defensor de Galicia e dirixiu El Liceo e El Iris de Galicia.

Obras El gabán blanco, comedia nun acto. Un amigo, comedia en dos actos. María Pita, drama romántico en verso. El juramento cumplido, drama nun acto. La minoría de Carlos II, drama en cinco actos. Preludios del arpa, 1847 (colección de lendas románticas).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1824 Categoría:Nados en 1857 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público