O Candás Club de Fútbol é un club de fútbol asturiano da parroquia de Candás, capital do concello de Carreño. Foi fundado en 1948 e actualmente xoga no grupo II da Terceira División Española.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta a franxas brancas e vermellas e pantalón azul escuro. Uniforme suplente: Camiseta azul e pantalón azul escuro.
Campo O Candás xoga no campo de La Mata desde 1962, cuxo terreo de xogo é de herba natural e ten unhas dimensións de 100 x 66 metros. Dispón dunha tribuna lateral, cuberta, con capacidade para un milleiro de persoas, 640 delas sentadas, e con outra bancada descuberta situada nun dos fondos. Recibe o seu nome do presidente do club desde 1963 a 1966: José Ramón Fernández González, Pepe la Mata.
Ata 1962 o Candás xogaba no terreo que usaba o Canijo, o campo de La Cruz.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 25 (Incluída a 2013/14) Tempadas en Rexional Preferente de Asturias: 21 Tempadas en Primeira Rexional de Asturias: 11 Tempadas en Segunda Rexional de Asturias: 8 Mellor clasificación: 3º (tempada 2008/09). Maior número de partidos sen perder: 18 (xornada 17ª a 34ª na tempada 2009/10). Maior número de partidos sen perder en casa: 22 (xornada 17ª da tempada 2009/10 ata xornada 24ª da 2010/11).
Historial na liga TempadaCategoríaPostode 48-49Rexional—a 60-61Rexional—1961/623ª11º1962/633ª14º1963/643ª8º1964/653ª10º1965/663ª4º1966/673ª3º1967/683ª3º1968/693ª8º1969/703ª8º TempadaCategoríaPosto1970/713ª13º1971/723ª20ºde 72-73Rexional—a 89-90Rexional—1990/913ª14º1991/923ª11º1992/933ª8º1993/943ª9º1994/953ª18º1995/96Rexional—1996/973ª15º TempadaCategoríaPosto1997/983ª11º1998/993ª17ºde 99-00Rexional—a 06-07Rexional—2007/083ª16º2008/093ª3º2009/103ª8º2010/113ª5º2011/123ª6º2012/133ª16º2013/143ª-
Palmarés Copa RFEF (Fase Asturias) (1): 2010
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog oficial Web do Candás en Futbolme.com
Categoría:Equipos de fútbol de Asturias Categoría:Carreño