Ander Iturraspe Derteano, nado en Abadiño (Biscaia) o 8 de marzo de 1989, é un futbolista vasco. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o RCD Espanyol da Liga Santander.

Traxectoria Iturraspe chegou ao Athletic Club en 1999, cando tiña 10 anos, e pasou por varias categorías inferiores do club. En 2007, fichou polo CD Baskonia.

O 12 de marzo de 2008, Iturraspe xogou de titular co primeiro equipo do Athletic nun amigable contra o Zalla UC, na vitoria dos bilbaínos por 6-1. Ademais, xogou dous amigables máis, contra o Club Portugalete e o Aviron Bayonnais FC.

O 23 de xuño de 2008, foi subido oficialmente ao primeiro equipo, tras xogar 30 partidos co Baskonia. O 14 de setembro xogou o seu primeiro partido oficial de titular, no empate do Athletic contra o Málaga CF por 0-0.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na Web Oficial do Athletic Club Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Abadiño Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco