Brasil no centro é un libro de Xavier Rodríguez Baixeras publicado no ano 2011. A xeito de diario, e tamén con contos breves, fala sobre a súa experiencia vital sobre todo no Brasil, concretamente en Salvador da Baía, que visitou por primeira vez no 2006, e onde residiu nas primaveras e veráns do hemisferio sur durante varios anos.

Características O libro comeza cos seus pensamentos do 5 de maio de 2007, en Compostela, cando a Asociación de Escritores lle outorgou un premio de poesía por O pan da tarde. Logo, no medio e groso do libro, reprodúcense unha serie de relatos que o autor dá en chamar estampas, con impresións, costumes, vivencias e reflexións que se fixo e viu nas súas etapas no Brasil, entre 2006-2007 e 2007-2008. Na última parte do libre volve á forma de dietario, comezando en abril de 2008 e remata o 3 de febreiro de 2009 novamente en Salvador. Nas derradeiras páxina do libro móstrase un glosario con verbas propias do portugués brasileiro.

Véxase tamén Ligazóns externas Brasil no centro no catálogo de Editorial Galaxia.

Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Obras literarias en galego