miniatura|250px|dereita|A Serbia de Dervano. miniatura|250px|O Principado serbio baixo Dervano, como parte do Reino de Samo en 631.

Dervano, tamén coñecido como Dervan, (en serbocroata, Drvan ou дрван, en latín Dervanus) foi un príncipe dos sorbios (serbios de Lusacia ou serbios brancos) e dos serbios durante o século VII. Foi o primeiro gobernante da tribo do que se coñece o nome.

Traxectoria Aparece citado na crónica de Fredegario como dux gente Surbiorum que ex genere Sclavinorum (gobernador do pobo dos sorbios, da nación dos esclavinios (eslavos); (en lingua sorbia é Serby, e en lingua serbia Srbi).Making of the Slavs, páx. 331Curta, páx. 109.

Segundo Fredegario, estivera subordinado aos francos durante longo tempo. Pero despois da derrota do rei franco Dagoberto I polo rei eslavo Samo na Batalla de Wogastisburgo, en 631 ou 632, Dervano declarouse independente dos francos e formou unha alianza co rei Samo para loitar contra os ávaros e os francos facendo, con Samo, a unión de todas as tribos eslavas.Curta, páx.331.

Dervano uniuse a Samo nas súas posteriores guerras contra os francos. Novos informes de Fredegario indican que Dervano e a súa xente vivían ao leste do saxón Saale.

A referencia a Dervano en 631/632 tamén é a primeira confirmación escrita da presenza dos eslavos ao norte de das Montañas Ore.

Dervano loitou contra os Thuringii (turinxios) en 631-634, e foi finalmente derrotado polo duque Randulf, gobernador de Turinxia, no 636.

Parece ser que foi o pai do Arconte descoñecido, mítico príncipe que liderou aos serbios na emigración para o sur en dirección aos Balcáns. Esta migración supostamente realizouse a petición do emperador bizantino Heraclio para axudalo na súa loita contra os ávaros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Curta, Florin (2001): The Making of the Slavs: History and Archaeology of the Lower Danube Region, c. 500–700. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-80202-4.

Outros artigos Samo Serbia Branca Fredegario

Categoría:Historia de Serbia Categoría:Personalidades de Serbia