Squanto: A Warrior's Tale é un filme estadounidense de Disney, dirixido por Xavier Koller e Christopher Stoia que se estreou en 1994. Baséase na figura de Squanto, e os acontecementos da chegada do Mayflower a América en 1620. Está protagonizado por Adam Beach no papel do personaxe principal, Squanto.
Sinopse Un barco de comercio inglés trae a Inglaterra a dous guerreiros indios do Novo Mundo. O propietario do barco emprega ós guerreiros como atracción de feira. Un deles, Squanto, consegue fuxir e é atopado por unha comunidade de monxes, enfermo e malferido. Axiña se establece entre eles unha simbiose de culturas e esperta un gran afecto, pero Squanto sente a necesidade de volver ó seu pobo para que o seu corazón non morra.
Personaxes Adam Beach como Squanto Sheldon Peters Wolfchild como Mooshawset Irene Bedard como Nakooma Eric Schweig como Epenow Leroy Peltier como Pequod Michael Gambon como Sir George Nathaniel Parker como Thomas Dermer Alex Norton como Harding Mark Margolis como Capitán Hunt Julian Richings como Servente de Sir George Mandy Patinkin como Irmán Daniel Donal Donnelly como Irmán Paul Stuart Pankin como Irmán Timothy Paul Klementowicz como Irmán James Bray Poor como Doutor Fuller Tim Hopper como William Bradford John Saint Ryan como Myles Standish John Dunn-Hill como Gobernador John Carver Selim Running Bear Sandoval como Attaquin
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre a escravitude