miniatura|dereita|300 px|Timulina.Número CAS: 63958-90-7. Fórmula: C33H54N12O15.
A timulina, tamén chamada factor tímicoPubChem compound Thymic factor ou factor tímico sérico, é un nonapéptido con función hormonal producido por dúas poboacións de células epiteliais do timo, descrito en 1977 por J. Bach. A timulina require cinc para a súa actividade biolóxica.
Crese que a hormona está implicada na diferenciación das células T e a estimulación das accións das células T e NK. Ademais deste efecto parácrino ou auto-orgánico sobre o sistema inmunitario dependente do timo, a timulina tamén parece ter efectos neuroendócrinos. Existen interaccións bidireccionais entre o epitelio tímico e o eixe hipotalámico-hipofisario (por exemplo, a timulina segue un ritmo circadiano e os niveis fisioloxicamente elevados de ACTH correlaciónanse positivamente cos niveis plasmáticos de timulina e viceversa).
Moitas investigacións recentes están enfocadas a estudar o papel da timulina como efector de mediadores proinflamatorios/citocinas. Descubriuse que un péptido análogo á timulina (PAT) ten efectos analxésicos en altas concentracións e especialmente efectos neuroprotectores antiinflamatorios no sistema nervioso central. As células diana da timulina para exercer este efecto parecen ser os astrocitos. Os investigadores esperan desenvolver fármacos que impidan os procesos inflamatorios asociados a enfermidades neurodexenerativas e mesmo o reumatismo coa axuda de análogos da timulina.
Ademais, a timulina foi asociada coa anorexia nerviosa.
Notas
Categoría:Hormonas Categoría:Inmunoloxía