Cowsboys & Aliens é un filme estadounidense dirixido por Jon Favreau que se estreou no 2011. Baséase na banda deseñada Cowboys & Aliens de Scott Mitchell Rosenberg.

Sinopse No afastado Oeste, un estraño forasteiro (Daniel Craig), sen lembranzas do seu pasado chega a un pobo do deserto. A única pista da súa historia é un misterioso brazalete que leva no pulso. O que descobre é que a xente do pobo non da a benvida ós forasteiros, e ninguén fai un movemento nas súas rúas a menos que a orde de facelo veña da mano do coronel Dolarhydel (Harrison Ford). É un pobo que vive no medo, pero está a piques de experimentar algo non pode crer, xa que o desolado pobo é atacado por alieníxenas dende o ceo.

Agora, ese descoñecido ó que rexeitaron é a súa única esperanza para a salvación. A medida que este pistoleiro comeza lentamente a lembrar quen é e onde estivo, decátase de que agocha un segredo que podería darlle ó pobo a oportunidade de loitar contra as forzas alieníxenas.

Personaxes Daniel Craig como Jake Lonergan Harrison Ford como Coronel Woodrow Dolarhyde Olivia Wilde como Ella Swenson Sam Rockwell como Doc Paul Dano como Percy Dolarhyde Clancy Brown como Meacham Keith Carradine como Sheriff John Taggart Noah Ringer como Emmett Taggart Adam Beach como Nat Colorado Abigail Spencer como Alice Ana de la Reguera como María Walton Goggins como Hunt Julio Cedillo como Bronc David O'Hara como Pat Dolan Raoul Trujillo como O xefe Chiricahua, Black Knife

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jon Favreau Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX