Xosé Rodríguez Ferrer, nado en Vilamartín de Valdeorras o 6 de xaneiro de 1946, é un escritor galego.
Traxectoria Colabora co periódico O Sil do Barco de Valdeorras coa serie de relatos curtos Historias da miña aldea.
Obras Poesía Amencidas de Valdeorras, 1995, Oriente Ediciones de Torre del Mar, Málaga. No camiño, 1998, edición do autor, Ponferrada. Alén da paixón e dos soños, 2002, Grupo Cupire Padesa, O Barco de Valdeorras.
Literatura infanto-xuvenil Cantares primeiros (libro de poemas infantís), 2004, ANPA Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín/Xunta de Galicia.
Narrativa Un cento e un epitafios, 2012.
Premios Gañador do primeiro premio do concurso de poesía do concello de Vilamartín no 1999, por Pregón para a festa do meu pobo.
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeos do autor na Sección de Literatura Tradicional da AELG
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes