Os Austin Spurs son un equipo da NBA Development League con base en Cedar Park, Texas. Xogan os seus partidos coma locais no Cedar Park Center.

Historia Os Columbus Riverdragons trasladáronse a Austin, Texas a mediados do ano 2005, e o novo nome do equipo foi revelado o 10 de agosto de 2005. Os Toros comezaron a xogar na tempada 2005-06. As súas cores eran, orixinalmente, o vermello, o azul e o dourado.

O 28 de xuño de 2007, os Toros foron adquiridos polos San Antonio Spurs, catro veces campións da NBA, converténdose no segundo equipo da historia da D-League en ser propiedade dun equipo da NBA, despois de que os Los Angeles D-Fenders foran adquiridos polos Los Angeles Lakers en 2006.NBA Development League, Press Release: "Spurs Purchase Austin Toros of NBA Developmental League"

O 9 de agosto de 2010, os Toros anunciaron que para o comezo da tempada 2010-11, comezarían a xogar no Cedar Park Center, deixando atrás o Austin Convention Center.

O 28 de abril de 2012, os Toros derrotaron ós Los Angeles D-Fenders no terceiro partido das Finais da NBA D-League para conseguir o primeiro campionato da historia da franquía.

O 15 de outubro de 2014, o equipo anunciou o cambio do seu nome a Austin Spurs, en referencia ó seu equipo pai, os San Antonio Spurs.

Tempadas TempadaDivisiónPosiciónVitoriasDerrotas%Resultados de playoffs <font color="#002147"> Columbus Riverdragons2001–02 3º 31 25 .554 Perdidas semifinais (Greenville) 2–12002–03 6º 23 27 .460 2003–04 6º 18 28 .391 2004–05 1º 30 18 .625 Gañadas semifinais (Roanoke) 96–89 Perdidas Finais da D-League (Asheville) 90–67 <font color="#92754C"> Austin Toros2005–06 6º 24 24 .500 2006–07 Leste 5º 21 29 .420 <font color="#83878A"> Austin Toros2007–08 Suroeste 1º 30 20 .600 Gañadas semifinais (Sioux Falls) 99–93 Perdidas Finais da D-League (Idaho) 2–12008–09 Suroeste 2º 32 18 .640 Gañada primeira rolda (Idaho) 119–116 (OT) Perdidas semifinais (Colorado) 114–1112009–10 Oeste 2º 32 18 .640 Gañada primeira rolda (Dakota) 2–1 Perdidas semifinais (Rio Grande Valley) 2–12010–11 Oeste 8º 22 28 .440 2011–12 Oeste 2º 33 17 .660 Gañada primeira rolda (Erie) 2–1 Gañadas semifinais (Canton) 2–1Gañadas Finais da NBA D-League (Los Angeles) 2–12012–13 Central 2º 35 15 .700 Gañada primeira rolda (Bakersfield) 2–0 Perdidas semifinais (Santa Cruz) 2–02013–14 Central 6º 19 31 .380 Tempada regular 350 298 .540 Playoffs 16 14 .533

Xogadores Equipo actual

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Austin Spurs en NBA.com

Categoría:Equipos da NBA D-League Categoría:Austin Spurs