Falstaff é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, que é unha adaptación da obra teatral de William Shakespeare The Merry Wives of Windsor (As alegres comadres de Windsor) e pequenas pasaxes de Henry IV, tamén de Shakespeare. Así, como en Otello, Falstaff presenta un libreto que, ademais de basearse no texto de Shakespeare, respecta e dialoga coas características do dramaturgo inglés. Foi a última ópera de Verdi, escrita cando o compositor xa tiña 77 anos, e a súa segunda ópera cómica das vinte e seis que compuxo. Así como en Macbeth e Otello, esta foi a terceira ópera de Verdi baseada nunha obra de Shakespeare. Foi estreada o 9 de febreiro de 1893 no Teatro alla Scala de Milán cun grande éxito.

Verdi sopesara a posibilidade de escribir unha ópera baseada no Rei Lear, e Arrigo Boito máis tarde tentou interesalo en Antonio e Cleopatra,Steen, p. 543 mais ningún dos proxectos foi levado a termo.

Non acadou a gran popularidade doutras óperas de Verdi que a precederon como Aida e Otello. Falstaff foi admirada polo público e a crítica debido á súa brillante orquestración, ao seu chispeante libreto e á súa refinada invención melódica. Esta ópera está no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.De feito esta ópera aínda se representa con frecuencia por todo o mundo, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 24 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 14.ª en italiano e a sexta de Verdi, logo de La traviata, Rigoletto, Aida, Nabucco e Il trovatore.

Personaxes Personaxe TesituraElenco na estrea, 9 de febreiro de 1893Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.(Director: Edoardo Mascheroni)Budden, p. 430Sir John Falstaff, cabaleiro obeso Barítono Victor Maurel Mr Ford, cabaleiro rico Barítono Antonio Pini-Corsi Alice Ford, súa dona soprano Emma Zilli Nannetta, súa filla soprano Adelina Stehle Meg Page, dama adiñeirada mezzosoprano Virginia Guerrini Mrs Quickly, amiga de Alice contralto Giuseppina Pasqua Fenton, namorado de Nannetta tenor Edoardo Garbin Dr Cajus, prometido de Nannetta tenor Giovanni Paroli Bardolfo, secuaz de Falstaff tenor Paolo Pelagelli-Rossetti Pistola, secuaz de Falstaff baixo Vittorio Arimondi Pousadeiro personaxe mudo Attilio Pulcini Robin, paxe de Falstaff personaxe mudo

Orquestración Verdi incluíu na orquestra para Falstaff: 3 piccolos, 2 óboes, Corno Inglés, 2 clarinetes, Clarinete baixo, 2 fagots, 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, Tuba, timbais, Percusión (Triángulo, Platillos, Bombo), Arpa, Cordas. En escena, guitarra, corno e campás.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1893