O 26 de febreiro é o 57º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 308 días para finalizar o ano, 309 nos anos bisestos.

Acontecementos 747 a.C. - Comezo do reinado de Nabonassar, rei de Babilonia baixo a tutela asiria. 364 - Valentiniano I proclamado emperador romano. 1143 - Afonso o Magnánimo conquista o Reino de Nápoles. 1266 - Batalla de Benevento entre Carlos de Anjou e Manfredo de Hohenstaufen. 1498 - Fundación da Universidade Complutense en Alcalá de Henares polo Cardeal Cisneros. 1658 - Sinatura do Tratado de Roskilde entre Dinamarca-Noruega e Suecia. 1797 - O Banco de Inglaterra emite o primeiro billete dunha libra. 1815 - Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba e reorganiza o seu exército; iniciase o chamado Período dos Cen Días, ata a súa derrota definitiva na batalla de Waterloo. 1844 - Independencia da República Dominicana de Haití. 1848 - Proclamación da Segunda república francesa. 1848 - Aparición do Manifesto comunista de Karl Marx. 1869 - Abolida a escravitude nas colonias portuguesas. 1870 - Inauguración do primeiro metro pneumático en Nova York. 1871 - Fírmanse os primeiros tratados de paz entre Francia e o novo Imperio Alemán, tras a guerra franco-prusiana. 1885 - Finaliza a Conferencia de Berlín na que as potencias occidentais reparten África. 1901 - España en estado de guerra en varias provincias a causa das revoltas populares. 1901 - Dimite o Goberno de Marcelo Azcárraga, tras sanguentos choques entre forzas armadas e o pobo madrileño con motivo do enterro do poeta Ramón de Campoamor. 1904 - O Congreso español aproba o proxecto de lei sobre servizo militar obrigatorio. 1908 - Inauguración en Barcelona do Palau da Música Catalá. 1909 - As Cortes aproban un proxecto de lei para a creación dun Teatro Nacional coa subvención do Estado. 1909 - Austria-Hungría e Turquía chegan a un acordo sobre Bosnia e Hercegovina. 1932 - Entrada en vigor da lei do divorcio en España. 1935 - O físico Robert Watson-Watt fai a primeira demostración pública do radar. 1936 - Golpe de Estado no Xapón, son asasinados o xefe do Goberno e varios ministros. 1936 - O chanceler Hitler inaugura a fábrica de Volkswagen, dedicada a producir coches de consumo popular. 1940 - segunda guerra mundial: O destrutor británico "Cossak" aborda o buque tanque alemán "Altmark" e ceiba os 300 prisioneiros ingleses que transportaba. 1945 - Forzas soviéticas atacan por Pomerania e chegan ao mar Báltico. 1946 - Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina. 1948 - Constitúese en España o Consello do Reino, estabelecido pola lei de Sucesión á Xefatura do Estado. 1952 - O primeiro ministro Winston Churchill anuncia a obtención da primeira bomba atómica do Reino Unido. 1955 - Accidente de tráfico en Cans, no que morren 31 dos 44 pasaxeiros dun autobús que ía do Porriño a Ponteareas. 1961 - O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II. 1961 O Rei de Marrocos, Hassan II fai votar por referendo unha Constitución de amplas prerrogativas reais. 1963 - Servizos especiais franceses raptan en Múnic o ex coronel Argoud, dirixente da OAS. 1976 - Retirada española do Sáhara. 1978 - Eleccións lexislativas libres no Senegal, sobe ao poder o presidente Leopoldo Sedar Senghor. 1981 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo toma posesión coma presidente do Goberno español, o seu mandato durou vinte meses. 1984 - Eleccións autonómicas no País Vasco. Triunfo do PNV (41,69 % dos votos) fronte aos socialistas (23,22 % de votos). 1985 - Acordo sobre a redución dos excedentes de viño e sobre as cotas do leite. 1986 - Corazón Aquino convértese na presidenta de Filipinas despois de que Ferdinand Marcos fose exiliado. 1987 - José Antonio Ardanza, reelixido lehendakari do Goberno vasco por maioría absoluta na primeira votación do Parlamento. 1988 - Liberación do americano Rubin Carter, prendido por asasinato durante 22 anos sendo inocente. 1989 - O británico Colin Jackson, récord mundial dos 60 metros valos, cun crono de 7" 41, en Sindelfingen (RFA). 1990 - Os sandinistas son derrotados nas eleccións en Nicaragua. 1990 - Violeta Chamorro é elixida presidenta de Nicaragua nas primeiras eleccións libres. 1991 - Tim Berners-Lee presenta a World Wide Web. 1991 - O ditador iraqí Saddam Hussein anuncia a retirada das tropas de Kuwait. 1991 - Forzas estadounidenses e kuwaitís entran en Kuwait City, abandonada polas invasoras tropas iraquís. 1991 - O Partido Nacionalista de Bangladesh gaña as primeiras eleccións libres tras 14 anos de goberno militar. 1993 - Primeiro atentado contra o World Trade Center de Nova York, con cinco vítimas mortais. 1995 - O G-7 acorda en Bruxelas os principios comúns da "sociedade da información" na escala mundial. 1998 - O Tribunal Supremo español condena a Mario Conde a 4 anos e 6 meses de prisión por un delito de apropiación indebida. 1998 - A Audiencia Nacional de España condena o ex director da Garda Civil, Luis Roldán, a 28 anos de cárcere por malversación de diñeiro público, estafa, suborno de funcionario e cinco delitos contra a Facenda Pública, e outros 29 de inhabilitación, multa de 1.600 millóns e indemnización ao Estado de 578 millóns por malversación de fondos públicos. 2001 - Destrución dos budas xigantes de Bamiyan en Afganistán. 2002 - ACNUR e a ONG "Save the Children" delatan que uns sesenta cooperantes abusaron sexualmente de menores mentres desenvolvían presuntos labores humanitarios en Liberia, Guinea e Serra Leoa. 2002 - Firma do Tratado de Niza polos 15 países membros da Unión Europea.

Nacementos miniatura|100px|Victor Hugo. 1361 - Venceslau, emperador romano-xermánico, rei de Bohemia (m. 1419). 1416 - Cristovo III, rei de Dinamarca, Suecia e Noruega. 1530 - David Chytraeus, teólogo luterano alemán. 1564 - Christopher Marlowe, dramaturgo inglés. 1587 - Stefano Landi, compositor italiano. 1802 - Victor Hugo, escritor francés (m. 1885). 1829 - Levi Strauss, inventor dos pantalóns vaqueiros (m. 1902). 1846 - William Frederick Cody (Buffalo Bill), aventureiro americano (m. 1917). 1861 - Fernando I de Bulgaria (m. 1948). 1868 - Venceslau Braz, presidente brasileiro (m. 1966). 1885 - José de la Riva-Agüero y Osma, escritor e político, expresidente do Perú (mandato do 1923-1927) (m. 1944). 1893 - Guillermo Fernández Shaw, libretista madrileño de zarzuelas. 1898 - Roberto González Pastoriza, avogado e político galego. 1900 - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa. 1903 - Agustín de Foxá, escritor. 1908 - Tex Avery, realizador de películas de animación. 1909 - Talal de Xordania (m. 1972). 1910 - Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista galega. 1912 - Alexander Vasilievich Bazov, político ruso (m. 1988). 1915 - Juan García Durán, coñecido co pseudónimo de Luís Costa García, guerrilleiro antifranquista e militante anarquista (m. 1986). 1916 - Jackie Gleason, actor estadounidense e director de orquestra (m. 1987). 1918 - Theodore Sturgeon, escritor norteamericano (m. 1985). 1921 - Eulalio Ferrer, escritor e publicista mexicano nado en España. 1927 - Manuel Conde Pumpido, maxistrado español. 1928 - Ariel Sharon, primeiro ministro israelí. 1928 - Fats Domino, cantor e músico estadounidense 1932 - Johnny Cash, cantante norteamericano. 1937 - Eduardo Arroyo, pintor e escultor español. 1942 - Tina Sainz, actriz española. 1943 - Enrique Marfany, político galego. 1950 - Helen Clark, primeira ministra de Nova Zelandia. 1955 - Francisco Candeira, historiador e político galego. 1954 - Michael Bolton, cantante. 1985 - Mariana Expósito, actriz galega. 1986 - Leila Lopes, modelo angolana.

Mortes miniatura|100px|Karl Jaspers. 277 - Manes, reformador relixioso. 1154 - Roxerio II, primeiro rei de Sicilia. 1266 - Manfredo de Sicilia. 1525 - Cuauhtémoc, emperador azteca. 1556 - Frederico II do Palatinado, duque alemán. 1561 - Jorge de Montemayor, autor de "Diana", primeira novela pastoril escrita en castelán. 1770 - Giuseppe Tartini, compositor, violinista e pedagogo italiano. 1866 - Manuela Rey, actriz de teatro galego-portuguesa. 1878 - Juan María Gutiérrez, escritor e político arxentino. 1883 - Alexandros Kumunduros, político grego, varias veces primeiro ministro. 1889 - Santa Paula Montal, fundadora. 1928 - Juan Vázquez de Mella, político e escritor español 1930 - Rafael Merry do Val, cardeal español. 1931 - Otto Wallach, químico alemán galardoado co Premio Nobel. 1946 - José Sanjurjo Rodríguez, sindicalista e anarquista galego (n. 1866). 1949 - Juan Tellería, compositor vasco (n. 1895). 1961 - Mohammed V, rei de Marrocos (n. 1909). 1966 - Gino Severini, pintor italiano. 1969 - Karl Jaspers, filósofo e psiquiatra alemán. 1971 - Fernandel, cómico, cantante cómico francés (n. 1903). 1982 - Paco Martínez Soria, actor cómico español. 1985 - Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego. 1991 - Xesús Campos Álvarez, humorista gráfico e xornalista galego (n. 1951). 1994 - Juan Beneyto Pérez, profesor de Ciencias da Comunicación. 1998 - Theodore Schultz, economista estadounidense (n. 1902). 1999 - Cristóbal Zaragoza, escritor español. 2000 - Xoana de Savoia ("a Raíña Xoana"), nai do rei Simeón II de Bulgaria. 2001 - Arturo Uslar Pietri, escritor e político venezolano. 2004 - Boris Trajkovski, presidente de Macedonia nun accidente de avión (n. 1956). 2005 - Jef Raskin, creador do ordenador Apple Macintosh (n. 1943). 2010 - Rafaela Hervada Carnerero, avogada e directora de radio galega (n.1917). 2013 - Stéphane Hessel, diplomático e embaixador alemán nacionalizado francés (n. 1917). 2014 - Paco de Lucía, guitarrista flamenco andaluz (n. 1947). 2016 - David Mackenzie, galicianista e medievalista inglés (m. 1943).

Festas e celebracións Día Internacional do Pistacho

Outros Santoral: San Néstor (s. III); Alexandre, Porfirio, André, Flavino, Faustino, Auspicio e Denís (Bispos); Fiz, Fortunato, Diodoro, Clodio, Papías e Claudiano (Mártires); Agrícola, Arnoldo e Víctor (Confesores); Santa Paula Montal (Fundadora).

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Febreiro