O ostinato (termo que provén do italiano e quere dicir "obstinado") é unha técnica de composición consistente nunha sucesión de compases compostos cunha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás. De aí o nome en italiano, que significa "obstinación, empeño en repetir o mesmo".Schnapper, Laure: «Ostinato». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 .
É un efecto moi relacionado co pedal, difenrenciándose en que o pedal é unha soa nota a que se repite ou mantén, mentres que no ostinato é unha frase a repetida. Ó igual que o pedal, o ostinato atópase normalmente no baixo, aínda que pode facelo en calquera outra voz.
Tipos O ostinato pode ser melódico, rítmico ou afectar a calquera parámetro sonoro, aínda que na súa versión máis sinxela é unha mera repetición. Pode ser: un motivo melódico un patrón rítmico unha progresión harmónica ou un baixo continuo (unha liña de baixo que se repite).Rousseau, Jean-Jacques: Diccionario de música. Akal, 2007 , p. 94.
Existe tamén a posibilidade de construór ostinati que vaian variando lixeiramente (os cambios ou variacións do orixinal non poden ser drásticos, porque deixaría de ser un ostinato e escoitaríase como outra cousa). En xeral, o patrón debe ficar identificable.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Específica Des Forêts, Louis-René: Ostinato. University of Nebraska Press, 2002. Schnapper, Laure: «Ostinato». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 . Schnapper, Laure: L'ostinato, procédé musical universel. H. Champion, 1998.
Xeral De Candé, Roland: Nuevo diccionario de la música vol. I e II. Grasindo, 2002. De Pedro, Dionisio: Teoría completa de la música. Real musical, 1990. Grabner, Hermann: Teoría general de la música. Akal, 2001. Michels, Ulrich: Atlas de música. Alianza, 2009 . Pérez Gutiérrez, Mariano: Diccionario de la música y los músicos vol. 1 2 e 3. Akal, 1985. Randel, Don Michael: The Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003. Zamacois, Joaquín: Teoría de la música. Idea, 2002 .
Categoría:Teoría musical