miniatura|dereita|Estriol.Número CAS: 50-27-1. O estriol (E3) é un dos tres principais estróxenos producidos no corpo humano (os outros son o estradiol e a estrona). É un esteroide con actividade hormonal PubChem compoundChemSpider EstriolCHEBI. Contén dous grupos OH no anel D e outro grupo OH no anel A. Pode considerarse tamén un metabolito do estradiol.

Síntese miniatura|300px|dereita|Esteroidoxénese no ser humano, na que se mostra o estriol na parte inferior dereita. Esencialmente, a súa síntese segue a vía da deshidroepiandrosterona ou DHEA (á esquerda), pero a DHEA é modificada cun grupo OH adicional. O estriol (E3) só se produce en cantidades significativas durante o embarazo, xa que se sintetiza na placenta a partir do 16-hidroxideshidroepiandrosterona sulfato (16-OH DHEAS), un andróxeno esteroide fabricado polo feto no fígado e glándulas adrenais.

A placenta humana produce pregnenolona e proxesterona a partir do colesterol circulante. A pregnenolona convértese na glándula adrenal fetal en deshidroepiandrosterona (DHEA), un esteroide de 19 carbonos, despois é sulfonatado a deshidroepiandrosterona sulfato (DHEAS). O DHEAS convértese en 16-OH DHEAS no fígado fetal. A placenta transforma o 16-OH DHEAS en estriol, e é o sitio predominante da síntese de estriol.

Niveis Os niveis de estriol nas mulleres que non están preñadas non cambian moito despois da menopausa, e os niveis non son significativamente diferentes dos que teñen os homes. Só durante o embarazo os niveis se disparan, e chega a excretarse 1000 veces máis estriol ca en estado de non embarazo.

Usos terapéuticos Nas mulleres preñadas con esclerose múltiple, o estriol reduce notablemente os síntomas da enfermidade, de acordo coas investigacións realizadas na Geffen Medical School da Universidade UCLA.

O estriol pode ser un estróxeno feble ou potente dependendo de se a administración é crónica ou puntual en animais inmaturos, pero funciona como antagonista cando se administra en combinación co estradiol. O estriol pode ter un papel no desenvolvemento do cancro de mama, pero nas investigacións feitas in vitro non parece actuar como antagonista do GPR30 (receptor de estróxenos acoplado á proteína G). Aínda que o estriol se utiliza na terapia de reemplazamento de hormonas bioidénticas (un fenómeno de "medicina alternativa" principalmente norteamericano) non está aprobado o seu uso pola FDA. Aínda que as investigacións iniciais na década de 1970 suxerían que podía utilizarse terapeuticamente como un estróxeno, posteriores investigacións non puideron confirmar esta hipótese. (free subscription required)

Exames de valoración do estriol miniatura|dereita|Modelo do estriol. O estriol pode medirse no sangue materno ou na urina e pode utilizarse como marcador da saúde fetal e benestar.

Se os niveis de "estriol non conxugado" son anormalmente baixos nunha muller preñada, isto pode indicar anomalías cromosómicas ou conxénitas como a síndrome de Down ou a síndrome de Edwards. A medición do estriol está incluída na proba tripla e na proba cuádrupla para o exame prenatal de anomalías fetais.

Como nas mulleres preñadas moitas condicións patolóxicas poden causar desviacións nos niveis de estriol, estes exames considéranse xeralmente menos definitivos sobre a saúde fetal-placentaria ca outras (probas de non estrés). Condicións que poden dar lugar a falsos positivos e falsos negativos na proba do estriol son a preeclampsia, anemia e problemas renais.

A valoración da concentración de estriol faise en urina ao cabo das 24 horas e en sangue. Considérase que a análise de sangue é máis precisa, porque as súas variacións son menores ca na urina.

Valores en urina Os valores en urina do estriol van en rápido aumento a partir do cuarto mes de xestación e chegan aos seus niveis máis altos (pico) ao finalizar o embarazo.Datos proporcionados polo departamento de Análise Químicas da Secretaría de Saúde de Monterrey, Nuevo León; México Véxase a táboa seguinte:

Mesde embarazo Estriol en urina(mg/ml) 6o mes 5.0-13.0 mg/24 horas 7o mes 6.0-18.0 mg/24 horas 8o mes 8.0-25.0 mg/24 horas 9o mes 15.0-35.0 mg/24 horas

Valores en sangue Pode observarse que, a diferenza da análise urinaria, os valores en sangue teñen pouca variación cuantitativa entre o valor menor e o maior nunha semana dada, e que os valores van en aumento consonte pasan as semanas.

Semanasde embarazo Estriolen sangue(mg/ml) 24a 3.0-8.1 26a 3.0-9.2 28a 3.2-10.9 30a 3.6-13.2 32a 4.2-15.4 34a 5.0-17.8 36a 5.8-20.5 38a 6.8-26.0 40a 9.5-28.0

Notas

Categoría:Hormonas Categoría:Esteroides Categoría:Estróxenos