Pedro Cañada Castillo, nado en Calzadilla, Cáceres o 22 de febreiro de 1936, é un político e profesor universitario estremeño. Actualmente é o secretario xeral do partido Extremadura Unida. Traxectoria Pedro Cañada Castillo foi un dos fundadores, ao inicio da Transición, do partido Acción Regional Extremeña, que pouco despois se integraría na coalición, logo partido político, Unión de Centro Democrático. Elixido senador por Cáceres pola UCD en 1977 e 1979, deixou o partido, pasando do Grupo Centrista ao Mixto o 17 de novembro de 1979, para fundar Extremadura Unida.

Foi alcalde do seu concello natal, Calzadilla. Tamén foi Conselleiro de Educación na xunta pre-autonómica de Estremadura.

A súa carreira académica realizouna como profesor de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Tamén foi director do Gabinete de Estudos e Actividades Culturais da Universidade Autónoma de Madrid. É Doutor en Filosofía pola Universidade de Friburgo (Suíza) na especialidade de ética social. Publicou en 1968 a súa tese doutoral titulada "Derecho al Error".

Notas

Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en 1936 Categoría:Alcaldes de Estremadura Categoría:Deputados da Asemblea de Estremadura