Aerolíneas Argentinas S.A. é a aeroliña máis grande da Arxentina é actúa como a aeroliña nacional dese país. Na súa maioría é propiedade do goberno arxentino e ten a súa sede na Torre Bouchard, localizada en San Nicolás, Buenos Aires. A aeroliña fundouse en 1949 tras a fusión de catro compañías e comezou a operar en decembro de 1950. Un consorcio liderado por Iberia tomou o control da aeroliña en 1990 e o Grupo Marsans mercouna, xunto coas subsidiarias, en 2001, tras un período de graves dificultades económicas que estiveron a piques de pechar a compañía. Dende finais de 2008 Aerolíneas Argentinas pertende ao goberno arxentino.

Aerolíneas Argentinas Cargo, a aeroliña rexional Austral Líneas Aéreas, a compañía de servizos aeroportuarios Aerohandling, a división de carga JetPaq S.A. e o operador turístico Optar S.A. son subsidiarias de Aerolíneas Argentinas.

A aeroliña e as súas subsidiarias operan dende dous centros de actividade, localizados en Buenos Aires. Os voos domésticos concéntranse no Aeroparque Jorge Newbery, e os servizos internacionais lévanse a cabo dende o Aeroporto Internacional Ministro Pistarini, aínda que tamén se realizan dende aí algúns servizos rexionais. A compañía proporciona transporte gratuíto aos pasaxeiros que teñen que cambiar dun aeroporto ao outro.

Frota En febreiro de 2016 a frota de Aeroliñas Argentinas estaba composta polas seguintes aeronaves: +Frota de Aerolíneas ArgentinasAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A330-2008224248272Boeing 737-7008—8120128Boeing 737-80029—8162170Boeing 737 MAX 8578162170Total509

Reputación en liña Segundo o Ránking de Reputación Online (RRO) de 2016, elaborado por Mercado, Oh! Panel e o Instituto de Monitoreo de Tendencias da Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais (UCES), Aerolíneas Argentinas situouse entre as dez empresas e marcas con mellor índice de reputación en liña da Arxentina. A medición, baseada nunha enquisa en liña a 365 executivos usuarios de Internet realizada entre o 25 de novembro e o 23 de decembro de 2016, avaliou a percepción sobre a presenza dixital das principais marcas que operaban no país. No top ten dese ano figuraron Visa, Quilmes, Adidas, Samsung, Nike, Aerolíneas Argentinas, LAN, La Serenísima, Mercadolibre e Coca Cola. Aerolíneas Argentinas ocupou o sexto posto, cun índice de 88,1 dentro do rubro de liñas aéreas, mentres que La Serenísima apareceu no oitavo posto, cun índice de 83,9 no rubro de lácteos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas da Arxentina Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:SkyTeam