Lester Hudson, nado o 7 de agosto de 1984 en Memphis, Tennessee, é un xogador profesional americano de baloncesto que actualmente xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria deportiva Profesional Hudson foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Boston Celtics. Durante os primeiros meses da tempada 2009-10, Hudson pasou o tempo entre os Celtics e o seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. Foi cortado polos Celtics o 6 de xaneiro de 2010. Dous días máis tarde, foi contratado polos Memphis Grizzlies.Grizzlies claim former Central High player Lester Hudson off waivers . The Commercial Appeal. Consultado o 9 de xaneiro de 2010. Os Grizzlies asignaron a Hudson aos Dakota Wizards da D-League o 28 de febreiro de 2010.Grizzlies opt Hudson to developmental league Foi cortado o 1 de xullo de 2010. Durante a liga de verán de 2010, xogou para os Washington Wizards, foi invitado aos adestramentos dos Wizards para a tempada 2010-11, e conseguiu entrar no equipo para xogar esa tempada. Tras xogar seis partidos, foi cortado polos Wizards o 21 de novembro de 2010. Foi fichado de novo o 20 de decembro de 2010, pero foi cortado de novo o 5 de xaneiro de 2011.

En xaneiro de 2011, asinou co Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association. En novembro de 2011, asinou co Qingdao DoubleStar, tamén da liga chinesa. O 30 de marzo de 2012, Hudson asinou cos Cleveland Cavaliers o primeiro de dous contratos de dez días.Cavs Sign Lester Hudson to 10-Day Contract Adaptouse moi rapidamente ao equipo, anotando polo menos 23 puntos en tres partidos consecutivos a comezos de abril. O 20 de abril de 2012, tras rematar o segundo contrato de dez días cos Cavaliers, asinou cos Memphis Grizzlies un contrato para o resto da tempada 2011-12. O 1 de outubro de 2013, asinou cos Utah Jazz.Jazz Signs Lester Hudson

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en UTMSports.com Perfil en ESPN.com

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Memphis, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Escoltas de baloncesto