Zaira Rodríguez Pérez, nada en Cee en 1974, é unha política galega do PPdeG. Traxectoria É diplomada en Traballo Social e licenciada en Socioloxía. Foi concelleira do PPdeG en Cee tralas municipais de 1999. Foi tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais cando ocupou a alcaldía Antonio Domínguez García. En 2011 foi candidata á alcaldía de Cee, quedando en segunda posición, e foi elixida deputada provincial e responsable da área de Normalización Lingüística da Deputación. O 1 de marzo de 2012 foi elixida alcaldesa de Cee logo dunha moción de censura presentada por PPdeG e BNG contra o alcalde independente Ramón Vigo Sambade. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía ó verse superada polos independentes.
Polémica Rodríguez levantou unha polémica a raíz dunhas declaraciónsEntrevista en La Voz de Galicia súas para o diario La Voz de Galicia referentes á súa responsabilidade á fronte da departamento de normalización lingüística da Deputación da Coruña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cee
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes