María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega. Traxectoria De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu por mor dos destinos laborais do pai: Ceuta, Doña Mencía (Córdoba), e Madrid. Regresou á cidade natal, onde estudou a carreira de Bioloxía. Alí comezou a traballar no departamento de Entomoloxía, pero os atrancos cos que tropezou por ser muller animárona a opositar ao ensino secundario, e así chegou a Galicia, en setembro de 1973, como catedrática no Instituto do Calvario, en Vigo. Implicouse na resistencia clandestina contra a ditadura: presidiu a asociación de veciños do Calvario, participou na primeira asociación feminista galega e despois na AGM. Axiña adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.
O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco. En 2020 gañou o premio Blanco Amor por As malas mulleres e en 2022 o Premio Nacional de Narrativa pola mesma obra, traducida ao castelán (Xordica, 2022), catalán (Bromera, 2023) e éuscaro (Alberdania, 2023).
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Boletín da Real Academia Galega, Nó, Luzes de Galiza e El Signo del Gorrión; tamén en revistas científicas da súa especialidade (Science Education e JRST). Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias e colabora no xornal Nós Diario.
Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016, pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso Voces termando da paisaxe galega, respostado por Fina Casalderrey. miniatura|Entrevista en 2017. Nós Televisión. O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega ata 2021 en que foi nomeada arquiveira-bibliotecaria.
Pertence á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e ao PEN Clube de Galicia, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Asociación de Tradutores. Formou parte durante catro anos do Executive Committee do International Board on Books for Young People (IBBY). É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e é socia de Nova Escola Galega, Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), a European Science Education Research Association (ESERA) e a National Association for Research in Science Teaching (NARST). Pertence ó "Batallón Literario da Costa da Morte", paisaxe literaria onde están situados algúns dos seus libros e ó consello editorial de "Letras de Cal".
No 2023 presentouse como candidata ó Senado por Sumar pola provincia da Coruña.
Obra en galego Poesía Catálogo de velenos (1999). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Foi traducida ao portugués, Ed. Deriva,2007 Desmentindo a primavera (2003). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9782-060-8. Abecedario das árbores (2006). Santiago: El Correo Gallego. ISBN 978-84-8064-170-8. Mudanzas (2007). Santiago: PEN Clube de Galicia. 126 páxs. ISBN 9788493542139. Desescribindo (2016). A Coruña: Apiario. 88 páxs. ISBN 978-8494321061. Mudanzas e outros velenos (2017). Vigo: Galaxia, Dombate. Contén: Catálogo de velenos, Abecedario de árbores e Mudanzas. 196 páxs. ISBN 9788491511472. miniatura|Unha presa de terra, de , esta incluído na Biblioteca Galega 120. Narrativa Tránsito dos gramáticos (1993). Vigo: Edicións Xerais. 161 páxs. ISBN 978-84-7507-721-5. Foi traducida ao castelán. Lobos nas illas (1996). Vigo: Edicións Xerais. 160 páxs. ISBN 9788475079820. Foi traducida ao castelán e ao inglés. A compañía clandestina de contrapublicidade (1998). Vigo: Galaxia. 218 páxs. ISBN 978-84-7154-040-9. Teoría do caos (2001). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-694-6. ePubl: ISBN 978-84-9121-259-1. Unha presa de terra (2001). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-8476803677. Ilustracións de Miguelanxo Prado. Reeditada en 2022: Unha presa de terra. Un caso de Ana Candeán. O coitelo en novembro (2010). Vigo: Edicións Xerais. 272 páxs. ISBN 978-8499141503. ePub: ISBN 978-84-9121-243-0. Foi traducida ao inglés. As malas mulleres (2021). Vigo: Editorial Galaxia. 248 páxs.. ISBN 978-84-9151-597-5. As bocas cosidas (2025). Vigo: Galaxia. 340 páxs. ISBN 978-84-1176-416-2.
Literatura infanto-xuvenil miniatura|dereita|Marilar Aleixandre, na Fundación Luís Seoane na xornadas Centenario de Manuel Murguía 1923-2023. A formiga coxa (1989). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fran Jaraba. 96 páxs. ISBN 978-84-9782-898-7 (6ª) O rescate do peneireiro (1990). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fran Jaraba. 104 páxs. ISBN 9788475074719. A expedición do Pacífico (1994). Vigo: Edicións Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-501-6 (16ª). ePub: ISBN 978-84-9914-620-1. Foi traducida ao castelán e ao portugués. Nogard (1994). Ed. Alfaguara, Col. Obradoiro. Foi traducida ao catalán. En 2022: Xerais, 144 páxs. ISBN 9788411101417. O trasno de Alqueidón (1996). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Miguelanxo Prado. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-243-0 (3ª). Foi traducida ao éuscaro. O monstro da chuvia (1998). col. A Maxia das Palabras, Xunta de Galicia, il. F. Bueno. Foi traducida ao castelán e recibiu o Premio Nacional de Ilustración. En 2003: SM, 32 páxs. ISBN 9788434893368. A banda sen futuro (1999). Vigo: Edicións Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-8302-471-3 (21ª). ePub: ISBN 978-84-9914-794-9. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués. Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999). Vigo: Galaxia, col. Bambán. ISBN 978-84-8288-294-9. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao asturiano, ao aragonés e ao catalán de Valencia. Paxaros de papel (2001). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-9121-323-9 (2018). ePub: ISBN 978-84-9121-320-8. Ilustracións de Lázaro Enríquez. El-Rei Artur e a abominable dama (2001). Vigo: Ir Indo Edicións. 92 páxs. ISBN 9788476803561. O chápiro verde (2001). Anaya Educación. 160 páxs. ISBN 9788420792491. Foi traducida ao castelán, ao éuscaro e ao catalán. Basilisa, a princesa sapiño (2002). Vigo: Galaxia. 56 páxs. ISBN 978-84-8288-453-0. A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005). Vigo: Tambre. 208 páxs. ISBN 978-8426350251. Foi traducida ao castelán. Rúa Carbón (2005). Vigo: Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-97823357. Foi traducida ao castelán e ao catalán. Herbalúa (2006). Vigo: Ed. Galaxia, Col. Os Duros. 26 páxs. ISBN 978-84-8288-963-4. A cabeza de Medusa (2008). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-098-8 (13ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-098-8. Foi traducida ao castelán e ao éuscaro. Dez abellas na laranxeira (2008). Vigo: Edicións Xerais. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-798-0. Ilustracións de Pere Meján. Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Robinson contado polas alimarias (2011). Oxford. 192 páxs. ISBN 978-8467360714. Ilustracións de Federico Delicado. Foi traducida ao castelán. A vaca caníbal (2012). Vigo: Galaxia, Árbore. 116 páxs. ISBN 978-84-9865-460-8. Ovella descarreirada (2014). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-763-5. Ilustracións de Oscar Villán. O anano máis alto conta a historia de Brancaneves (2015). Barcelona: Ed. Rodeira, Col. Tucán azul. 64 páxs. ISBN 9788483493960. Ilustracións de Tesa González. Foi traducida ao castelán. Catro cascarolos (2016). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-017-7. Ilustracións de Enjamio. Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 68 páxs. ISBN 978-84-9151-053-6. A filla do Minotauro (2018). Vigo: Galaxia. 188 páxs. ISBN 978-84-9151-189-2. Nogard (2022). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-141-7. Ilustracións de Enjamio.
Ensaio Dubidar para aprender (1996). Vigo: Edicións Xerais. 192 páxs. ISBN 978-8475079806. Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao (2000). Vigo: Galaxia, Árbore. 92 páxs. ISBN 978-84-8288-363-2. Terras de Compostela (viaxes literarias (2009). Vigo: A Nosa Terra. 58 páxs. ISBN 9788483413289. María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Con Fina Casalderrey (2018). Vigo: Xerais. Santiago de Compostela desde dentro (2019). Ed. Alvarellos. 108 páxs. ISBN 978-84-16460-62-5. Movendo os marcos do patriarcado.O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021). Con María López Sández.. Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-9151-587-6. Traducido ao castelán polas propias autoras. Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (2022). Con Enma Pedreira. Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9151-900-3.
Tradución A caza do Carbairán de Lewis Carroll (Lista de Honra do IBBY)
Muller ceiba da poeta Sandra Cisneros Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling
Obras colectivas miniatura|300px|No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras Galegas de 2018. Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia. Traballando coas ciencias da Terra (1995). Universidade de Santiago de Compostela, coeditora. Construír a paz, 1996, Xerais. Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais. E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Airadas de palabras, 1998, Laiovento. Alguén agarda que volva alí, 1998. dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal. Contos para levar no peto, 2001, Xerais. Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia. Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Longa lingua, 2002, Edicións Xerais. Materia prima, 2002, Edicións Xerais. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Postais do Camiño, 2004, Galaxia. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais. Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.