Desiderio Pernas Martínez, nado en Vigo o 26 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1996, foi un arquitecto galego recoñecido internacionalmente e artífice da introdución da nova linguaxe moderna en Vigo. Ademais da súa obra como arquitecto sentiu unha gran paixón pola pintura e a música, feito que se vería reflectido na súa obra. miniatura|Igrexa de Nosa Señora do Rocío.Igrexa parroquial na Avda. de Castelao de Vigo, Traxectoria miniatura|Igrexa parroquial de San Paio de Lavadores. Pernas naceu nunha familia vinculada ao mundo da construción feito que o levou a estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid unha vez rematados os estudos de secundaria na cidade olívica. En 1956 obtivo unha bolsa IASTE e trasladouse aos Países Baixos, onde traballou no departamento de Construción de escolas municipais na Haia e seguiu un curso de acústica na televisión de Delly. Ao ano seguinte consegue outra bolsa IASTE, esta para Inglaterra, onde colaborou na construción dun novo centro de televisión para a BBC preto de Londres.
Obtivo o título de arquitecto aos 28 anos, obtendo ao rematar a carreira a prestixiosa bolsa Fulbright e trasladouse a Chicago á Escola de Arquitectura do ITT, onde foi alumno de Ludwig Mies van der Rohe e recibiu cursos de especialización. miniatura|Teatro García Barbón, restaurado por Pernas entre 1982 e 1984.Teatro García Barbón na páxina do Concello de Vigo.
En 1963, estableceu o seu estudo de arquitectura en Vigo. Nese mesmo ano gañou o concurso de arquitecto escolar. Así, construíu escolas públicas ata 1972. En 1964 conseguiu o doutoramento. En 1970 construíu na cidade de Pontevedra un edificio para centro social e cultural do barrio de Campolongo, que desde 1984 alberga a delegación provincial do Instituto Nacional de Estatística. No seu estudo de Vigo formáronse e colaboran outros arquitectos como José Herrero, Luis Manso, José M. Quinteiro ou Pedro López. En 1988 recibiu o Premio Dragados y Construcciones pola rehabilitación do Teatro García Barbón.
Pernas e os seus contemporáneos (Bar Boo, Alberto Baltar, Agustín Pérez Bellas, Tomás Pérez-Lorente,...) conseguiron introducir a linguaxe da arquitectura internacional en Vigo e foron os principais representantes do movemento moderno que significou un novo soplo de aire fresco na cidade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Grandal, Estefanía e Prieto, Juan I. (2015). "Aprender en la naturaleza. Colegio Universitario de Vigo, Desiderio Pernas" pp. 354-363. II Congreso pioneros de la arquitectura moderna española. ISBN 978-84-606-7879-3 . Varela Alén, José L. (2015). "La arquitectura escolar de Desiderio Pernas en Vigo. La modernidad a través del material" . ZARCH, UNIZAR. , Nº. 4 .
Ligazóns externas Arquitectura de Desiderio Pernas arquitecturavigo.blogspot.com "Homenaje a la obra de Desiderio Pernas" 12/9/2005, La Voz de Galicia.
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1996