miniatura|dereita|Fiestra con parladoiro nunha casa en Padrón.

Un parladoiroDenominación galega en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004 ou faladoiro é calquera lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade.

En construción denomínase parladoiro á fiestra que ten dous asentos aos lados e que permite sentar para ollar pola ventá ou para falar con outra persoa que senta enfronte, de aí o nome. Consiste nun van no que sobresaen cara ao oco dúas pedras das xambas a xeito de asentos. Dáse nas casa grandes, nos pazos, nos castelos e nalgunhas vivendas. Acostuman estar nas ventás da sala de respecto ou da cociña; sempre no sobrado da vivenda.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Van (construción). Peitoril Fiestra.

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Arquitectura popular