Ramón García Núñez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1906 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Empregado de banca, na República militou en Izquierda Republicana. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 5 de xullo de 1936. Xulgado en Lugo por traizón o 14 de outubro de 1936, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1 millón e medio de pesetas. Foi executado en Lugo ás 18:00 horas do 21 de outubro de 1936 con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos