Francisco Rodríguez Otero, coñecido como Paquiño de Figueiró, nado en Tomiño o 1 de novembro de 1897 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria miniatura|Francisco Rodríguez Otero, sentado no centro, ás portas de "Aurora del Porvenir". Farmacéutico de profesión, foi un político agrarista que presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Tomiño e presidente da Unión Patriótica.El Pueblo Gallego, 19-10-1924, p. 9. En 1926 renunciou como concelleiro de Tomiño e foi nomeado presidente da Entidade Local Menor de Goián.El Pueblo Gallego, 24-8-1926, p. 11. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Goián.El Pueblo Gallego, 9-8-1928, p. 7. Foi coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929).El Tea, 23-10-1929, p. 2. Directivo da Sociedad Aurora del Porvenir en Tomiño.Escola Aurora del Porvenir en patrimoniogalego.net. Ocupou o cargo de Secretario do Xulgado de Paz de Tomiño. Foi concelleiro en Tomiño en 1931. En decembro de 1933 abandonou a súa militancia no agrarismo.Tribuna, 17-12-1933, p. 2. Foi membro do Partido Galeguista.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acompañou a Antón Alonso Ríos a Tui e A Guarda en calidade de enlaces entre os diferentes Comités de Defensa da República do baixo Miño. Cando entraron as tropas en Tui fuxiu a Portugal o día 25 de xullo camiño do Brasil onde vivían as súas irmás. Cando entrou nun bar a tomar café un veciño falanxista recoñeceuno e denunciouno á policía lusa que o entregou a policía española polo posto internacional de Tui. Detido o 29 de xullo, o 6 de agosto foi internado no Seminario de Tui, que funcionaba como prisión. Tiña causa aberta en Vigo por traizón. O 4 de outubro de 1936 foi sacado da prisión e levado polos falanxistas ata Mondariz onde foi paseado con Hipólito Gallego Camarero, Fernando Rubio Estévez, Manuel Piñeiro Zúñiga, Domingo Páramos Núñez e Manuel Pérez Besada, aparecendo o seu corpo tirado na cuneta.
Foi un dos fundadores e xogador (capitán) de Goián Fútbol Club.
Vida persoal
Casou con Isaura Gómez Pérez en 1927 e foi pai de María Ivonne e Mario Rodríguez Gómez.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Tomiño Categoría:Concelleiros de Tomiño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936