Vittorino Veronese (1910-1986) foi un avogado italiano, director Xeral da Unesco entre 1958 e 1961.

Cun doutoramento en lei e como avogado antifascista, tomou interese en problemas sociais e educativos e na cooperación internacional. Despois do derrubamento de Benito Mussolini, ascendeu na banca e conseguiu o posto de Secretario Xeral, e posteriormente o de Presidente do Instituto Católico para a Actividade Social e de Azione Cattolica (1944-1952).

Membro da mesa executiva da Unesco entre 1952 e 1956 e presidente da mesa de 1956 a 1958, foi nomeado Director Xeral en 1958 pero dimitido por razóns de saúde en 1961. Morreu en 1986.

Categoría:Directores xerais da UNESCO Categoría:Avogados