007 contra o doutor No (en ) é un filme británico dirixido por Terence Young que se estreou en 1962. Baséase na novela Dr. No de Ian Fleming. Primeiro filme baseado no personaxe James Bond. Estreouse en galego na TVG o 17 de marzo de 2008.

Sinopse James Bond chega a Xamaica coa misión de pescudar sobre os asasinatos cometidos por un axente especial británico e a súa secretaria. Mais, ó mesmo tempo, descobre a existencia dunha sinistra organización na illa Crab Key. Nesta ocasión o seu inimigo é o Doutor No, que, axudado polo seu cómplice, o profesor Dent, proponse executar un sinistro plan: desviar a traxectoria dos foguetes de Cabo Cañaveral.

Personaxes Sean Connery como James Bond Ursula Andress como Honey Rider Joseph Wiseman como Doutor Julius No Jack Lord como Felix Leiter Bernard Lee como M Anthony Dawson como Profesor Dent John Kitzmiller como Quarrel Zena Marshall como Miss Taro Eunice Gayson como Sylvia Trench Lois Maxwell como Miss Moneypenny Peter Burton como Q/Major Boothroyd Timothy Moxon como John Strangways Reggie Carter como Mr. Jones Marguerite LeWars como Fotógrafo do doutor No

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1962 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Terence Young Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes de James Bond Categoría:Filmes rodados en Xamaica Categoría:Filmes ambientados en Xamaica Categoría:Filmes de 1962 con versión en galego