A Cannabis sativa subsp. sativa é o resultado da adaptación da planta orixinal ás latitudes tropicais. Ten unha floración lenta por mor do longo verán tropical.

Trátanse de grandes plantas con moitas ramificacións, con follas de foliolos longos e estreitos, e dun verde máis claro ca o das súas curmás índicas. En diferenza á Cannabis índica o efecto da Cannabis sativa é estimulante e pode chegar a ser psicodélico. É difícil atopar variedades sativas puras xa que o que máis dase son os chamados "híbridos" (mesturas entre índicas e sativas); exemplo de variedades sativas puras son a Kalimist e a Hawaiian Snow.

Categoría:Cannabis