miniatura|Corte da Terra, do núcleo á exosfera. (Só o debuxo da dereita está a escala). O núcleo terrestre, ou núcleo da Terra, é a súa esfera central, a máis interna das que constitúen a estrutura da Terra.

Está formado principalmente por ferro e níquel. Ten un raio de cerca de 3 500 km, maior que o do planeta Marte. A presión no seu interior é varios millóns de veces á existente na superficie, e a súa temperatura pode superar os 6 700 °C.Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0

Divídese en núcleo externo, líquido, e núcleo interno sólido, separados pola descontinuidade de Lehmann.

Antigamente coñecíase co nome de Nife debido ao seu alto contido en níquel e, sobre todo, en ferro.

Formación Durante a súa formación, hai uns 6 000 millóns de anos, a Terra pasou por unha etapa de fusión, o que permitiu que, debido á acción da gravidade, os materiais máis densos afundiran cara ao centro, mentres que os mái lixeiros subiron cara á codia, un proceso denominado diferenciación planetaria. A causa disto, o núcleo terrestre está composto na súa maior parte por ferro (máis do 70 %), xunto con níquel, iridio e outros elementos pesados; outros elementos químicos densos, como o chumbo ou o uranio, ou son moi raros na Terra, ou son propensos a combinarse quimicamente con elementos máis lixeros, e por tanto permanecen na superficie.

Os metais que conforman o núcleo da Terra fixeron unha aliaxe cando o planeta aínda estaba incandescente, formando así unha estrutura extraordinariamente densa e dura, polo que o noso planeta é o máis denso do sistema solar.

Orixe da calor interna da Terra

A temperatura da Terra aumenta coa profundidade, fenómeno coñecido como gradiente xeotérmico, e o seu centro estímase que pode superar os 6 700 °C, temoeratura máis elevada que a da superficie do Sol. Suponse que os tres factores que contribuíron á calor interna da Terra foron os seguintes:

A calor liberada pola colisión de partículas durante a formación da Terra. A calor emitida cando o ferro cristalizou para formar o núcleo interno sólido. A calor emitida pola desintegración radiaoctiva dos elementos, en especial os isótopos radiaoctivos de uranio, torio e potasio.

Só o terceiro factor permanece activo, e é moito menos intenso que no pasado; a Terra irradia ao espazo máis calor da que se xera no seu interior, polo que arrefría lenta, pero continuamente.

Características A densidade media da Terra é de 5 515 kg/m3 (5,515 g/cm3), a maior do sistema solar.Densidade dos planetas e do Sol Dado que a densidade media dos materiais da superficie oscila entre 2 600 - 3.500 kg/m3 (2,6 e 3,5 g/cm3), deben existir materiais moito máis densos no núcleo do noso planeta. A sismoloxía proporxciona outras evidencias da alta densidade do núcleo. Calcúlase que a densidade media do núcleo é de 11 000 kg/m3 (11,00 g/cm3.

Os meteoritos achegan datos sobre a composición do núcleo, xa que se cre que son restos do material a partir do cal se formou a Terra. Hai meteoritos rochosos formados por rochas similares ás peridotitas, e meteoritos metálicos compostos por ferro e níquel; os primeiros considéranse similares ás rochas que forman o manto, mentres que os segundos suponse que son representativos da composición do núcleo. Segundo os últimos datos, o núcleo componse de ferro con 5-10 % de níquel e menores cantidades de elementos máis lixeiros, talvez xofre e oxíxeno.

Subdivisións do núcleo Os datos sísmicos mostran que o núcleo está dividido en dúas partes, un núcleo externo líquido, de aproximadamente 2 270 km de grosor, e un núcleo interno sólido cun raio duns 1 220 km; ambos están separados pola descontinuidade de Lehmann.

Núcleo externo Crese que o núcleo externo é líquido e que está composto por ferro mesturado con níquel e poucos rastros de elementos máis lixeiros. A maioría dos científicos cre que a convección do núcleo externo, combinada coa rotación de dito núcleo causada pola rotación da Terra (efecto de Coriolis), causan o campo magnético terrestre a través dun proceso explicado pola hipótese da dínamo.

Núcleo interno O núcleo interno sólido foi descuberto en 1936 por Inge Lehmann e crese que está composto principalmente por ferro, até un 70 %, níquel (20 %) e menores cantidades doutros metais pesados, como iridio, chumbo e titanio; algúns científicos pensan que podería estar na forma dun só cristal de ferro extremadamente duro e pesado que forma unha aliaxe. Lars Stixrude e R. E. Cohen, "Elasticidade do ferro a alta presión e anistropía do núcleo interno da Terra", Science, 31 de marzo de 1995, Vol. 267, nº 5206, páxs. 1972-1975 Especulacións recentes suxiren que a parte máis interna do núcleo está arrequecida por elementos moi pesados, de números atómicos por riba de 55, o que incluiría ouro, mercurio e uranio.Wootton, Anne (2006): "O Fort Knox interno da Terra", Discover 27 (9): páx. 18.

O núcleo interno sólido está demasiado quente como para soster un campo magnético permanente Véxase temperatura de Curie. pero probabelmente actúa como un estabilizador do campo magnético xerado polo núcleo externo líquido.

Evidencias recentes suxiren que o núcleo interno da Terra podería rotar lixeiramente máis rápido que o resto do planeta.Earth's Core Spins Faster Than the Rest of the Planet - New York Times En agosto de 2005 un grupo de xeofísicos anunciou na revista Science que, de acordo cos seus cálculos, o núcleo interno da Terra rota en dirección oeste a leste aproximadamente un grao por ano máis rápido que a rotación da superficie; así, o núcleo fai unha rotación extra aproximadamente cada 400 anos.Kerr, R. A. (2005): "Earth's Inner Core Is Running a Tad Faster Than the Rest of the Planet". [http://www.sciencemag.org/cgi/content/summary/309/5739/1313a Science, 309 (5739): páx.1313

Notas

Véxase tamén Bibliografía Casquet, César et al. (1981): La Tierra, planeta vivo. Barcelona: Salvat Editores. ISBN 84-345-7853-0 Clark, Sydney P. (1987): La estructura de la Tierra. Barcelona: Ediciones Orbis. ISBN 84-7634-467-8 Domínguez, Antonio (1975): La formación de la Tierra. Barcelona: Salvat Editores. ISBN 84-345-7361-X Foster, Robert J. (1973): Geología. Barcelona: Editiorial Labor.ISBN 84-335-5523-5 Kohler, Pierre (1993): Historia de nuestro planeta. Madrid: Alinza Editorial. ISBN 84-206-0644-8 Lillo Beviá. José et al. (1995): Geología. Paterna, Valencia: Editorial ECIR. ISBN 84-7065-073-4 Meléndez, Bermudo e José Mª Fuster (1981): Geología, 4ª ed. Madrid: Paraninfo. ISBN 84-283-0956-6 Takeuchi, H; Uyeda, S. e Kanamori, H. (1986): ¿Qué es la Tierra?. Barcelona: Ediciones Orbis. ISBN 84-7634-560-7

Outros artigos Descontinuidade de Conrad Descontinuidade de Gutenberg Descontinuidade de Lehmann Descontinuidade de Mohorovičić Descontinuidade de Repetti Estrutura interna da Terra Formación e evolución do sistema solar Historia da Terra Planeta Planeta interior

Ligazóns externas Souternet Informacións sobre a estrutura da Terra (con abundante bibliografía) International Earth and Reference System Service IERS Planeta Terra O planeta Terra Historia dun misterio: o interior da Terrra

Estrutura da Terra Estrutura interna da Terra