A Selección de fútbol de Nova Zelandia (, en ) é o equipo representativo de Nova Zelandia nas competicións oficiais internacionais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Nova Zelandia (New Zealand Football), pertencente á Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) e á Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).
O fútbol é un deporte moi popular entre os mozos de Nova Zelandia, pero en canto a repercusión nos medios o rugby é claramente máis importante para os neozelandeses que o fútbol. O crícket é outro dos deportes que compite co fútbol por unha maior atención dos medios en Nova Zelandia. Ademais, a selección de fútbol neozelandesa posúe certas dificultades que lle impiden maior recoñecemento, como unha liga nova e semiprofesional, o Campionato de Fútbol de Nova Zelandia (chamado ASB Premiership por razóns comerciais) fundado en 2004 e que está composto por oito equipos das rexións máis poboadas do país.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de New Zealand Football
Categoría:Fútbol en Nova Zelandia