Luis Bar Boo, tamén coñecido como Luis Barboo, nado en Vigo o 20 de marzo de 1927 e finado en Madrid o 30 de setembro de 2001, foi un actor galego.

Traxectoria Fillo do futbolista Pepe Bar, e irmán do arquitecto Xosé Bar Boo. Incorporouse ao cine a mediados da década dos 60. Foi especialista e dobre de actores, traballando en películas de coprodución rodadas no sur de España. Foi un dos actores preferidos do director Jesús Franco na década dos 70 para os seus filmes de pseudo-terror. Participou en máis de douscentos filmes. Foi inmortalizado como o "Roxo" en Conan, o Bárbaro.

En 2025 o Galician Freaky Film Festival rendeulle homenaxe.

Filmografía Por un puñado de dólares, 1964. Cotolay, 1965. Drácula contra Frankenstein, 1972. La noche de los asesinos, 1974 Sangre, 1976. Antony and Cleopatra, 1971. The Wind and the Lion, 1975. Conan, o bárbaro, 1982. O Camiño das estrelas, 1993.

Televisión Curro Jiménez Verano azul Cervantes The Protectors Zun Kleinen Fisch Sargent Berry Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 89.

Categoría:Actores de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes