O 19 de xaneiro é o 19º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 346 días para finalizar o ano, 347 nos anos bisestos.

Acontecementos 1144 - Geoffroy Plantagenêt toma Ruán. 1419 - Ruán réndese ó rei Henrique V de Inglaterra. 1806 - O Reino Unido ocupa o Cabo de Boa Esperanza. 1811 - Os franceses son derrotados en Vila-Seca, Cataluña. 1839 - A Compañía das Indias Orientais captura Adén. 1937 - Comezan as emisións de Radio Nacional de España, en Salamanca, co programa Habla España presentado por Fernando Fernández de Córdoba. A emisora depende da recentemente creada Delegación del Estado para Prensa y Propaganda. 1942 - As tropas do Xapón invaden Burma (actual Myanmar) na segunda guerra mundial. 1966 - Indira Gāndhi, primeira ministra da India. 2012 - Estados Unidos de América clausura a páxina web de transferencia de arquivos Megaupload motivado polas acusacións de infracción dos dereitos de autor.

Nacementos miniatura|100px|Edgar Allan Poe. thumb|150px|Dolly Parton 399 - Pulqueria, emperatriz bizantina. 1544 - Francisco II de Francia. 1736 - James Watt, matemático e enxeñeiro escocés (m. 1819). 1747 - Johann Elert Bode, astrónomo alemán (m. 1826). 1808 - Lysander Spooner, militante abolicionista e teórico do anarquismo individualista americano. 1809 - Edgar Allan Poe, escritor estadounidense. 1833 - Rudolf Friedrich Alfred Clebsch, matemático alemán. 1839 - Paul Cézanne, pintor francés (m. 1906). 1855 - Celestino García Romero, xesuíta e escritor galego (m. 1929). 1865 - Hector Munro Macdonald, matemático e físico escocés. 1879 - Guido Fubini, matemático italiano. 1892 - Ólafur Thors, político islandés, primeiro ministro en cinco ocasións (m. 1964). 1899 - Sebastián Martínez-Risco, xuíz e escritor galego (m. 1977). 1908 - Aleksandr Gennadievich Kurosh, matemático ruso. 1911 - Garrett Birkhoff, matemático e físico americano. 1912 - Armand Robin, tradutor, escritor e poeta libertario. 1912 - Leonid Vitalyevich Kantorovich, matemático e economista ruso. 1919 - Joan Brossa, poeta e artista plástico catalán. 1921 - Patricia Highsmith, escritora estadounidense (m. 1995). 1924 - Jean-François Revel, xornalista e filósofo francés (m. 2006). 1930 - Uxío Novoneyra, escritor galego (m. 1999). 1936 - Ziaur Rahman, presidente de Bangladesh (m. 1981). 1943 - Xesús Souto Prieto, xuíz galego. 1943 - Princesa Margarita dos Países Baixos. 1943 - Siro López Lorenzo, debuxante e humorista. 1943 - Janis Joplin, cantante norteamericana. 1946 - Julian Barnes, escritor inglés. 1946 – Dolly Parton, cantante de country/actriz estadounidense. 1950 - Moncho Reboiras, político galego (m. 1975). 1961 - Xavier Vence, economista galego. 1963 - Caron Wheeler, cantante británica (Soul II Soul). 1967 - Javier Cámara, actor español. 1980 - Jenson Button, piloto inglés de Fórmula 1. 1988 - JaVale McGee, xogador estadounidense de baloncesto do equipo Denver Nuggets.

Mortes miniatura|100px|Elis Regina. 1803 - Sylvain Maréchal, escritor francés, poeta militante republicano, teórico do ateísmo e precursor das ideas libertarias e antiautoritarias. 1865 - Pierre Joseph Proudhon, pensador, economista, sociólogo e revolucionario francés (n. 1809). 1869 - Carl Reichenbach, químico e inventor alemán (n. 1788). 1878 - Henri Victor Regnault, químico e físico francés (n. 1810). 1906 - Bartolomé Mitre, presidente arxentino (n. 1821). 1910 - Andrea Costa, primeira deputada socialista en Italia. 1918 - Eladio Oviedo Arce, sacerdote e historiador galego (n. 1864). 1930 - Franck Plumpton Ramsey, matemático e filósofo inglés. 1941 - Paul Reclus (Georges Guyou), militante anarquista, enxeñeiro e profesor francés. 1945 - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (n. 1903). 1947 - Manuel Machado, poeta andaluz (n. 1874). 1947 - Luigi Bertoni, militante e propagandista anarquista suízo. 1948 - Tony Garnier, arquitecto francés. 1951 - José Ramón Lence, escritor e xornalista galego (n. 1874). 1954 - Theodor Franz Eduard Kaluza, físico e matemático alemán. 1979 - Paul Meurisse, actor francés. 1981 - Elis Regina, cantante brasileira (n. 1945). 1986 - Enrique Tierno Galván, político, sociólogo e escritor español (n. 1920). 1996 - Desiderio Pernas, arquitecto galego (n. 1930). 2001 - Gustave Thibon, filósofo francés. 2002 - Xoán Manuel Casado, escritor galego (n. 1949). 2003 - Françoise Giroud, xornalista e escritora francesa. 2005 - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara (n. 1976). 2006 - Pio Taofinuʻu, eclesiástico samoano, cardeal e arcebispo latino (n. 1923).

Festas e celebracións

Outros Santoral: San Mario

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro