Os Mabinogion ou as Catro Ramas do Mabinogi (Pedair Cainc y Mabinogi en galés) son catro textos medievais (chwedl ou cyfarwyddyd, palabras que significan conto), escritos en galés medio (o galés do século XII ao XVI), que fan referencia á mitoloxía celta da Antigüidade. Tradicionalmente vénselles engadindo outros contos que tratan da lenda artúrica. A palabra Mabinogion é o plural de Mabinogi. Téñense dado diversas explicacións sobre o sentido da palabra, pero pode ser que veña do nome do deus Mabon (Maponos na Galia)Claude Sterckx, Mythologie du monde celte, px. 116, Marabout, Paris, 2009, ISBN 978-2-501-05410-2}}. que figura no conto Kulhwch e Olwen, e que forma parte da mesma colección. Os catro relatos titúlanse: Pwyll, príncipe de Dyfed, O Mabinogi de Branwen, Manawydan fillo de Llyr e Math fillo de Mathonwy.

Manuscritos Os Mabinogion elaboráronse a partir de dous manuscritos: o Libro Branco de Rhydderch cuxa redacción se estende entre 1380 e 1410, e o Libro Vermello de Hergest que se data aproximadamente en 1350. Lembremos que no mundo céltico, a poesía era a especialidade dos bardosChristian-J. Guyonvarc'h e Françoise Le Roux, Les Druides, px. 205, « La louange et le blâme. La satire et ses conséquences ».. Os temas que se desenvolven atópanse na tradición irlandesa, cousa que testemuña a súa antigüidade. Pódense citar, a xeito de exemplo, as relacións do druída (ou mago) e o rei, as obrigas da Soberanía, o Alén (o Sidh dos Tuatha Dé Danann, en Irlanda), a guerra, a práctica das funcións artesanais. É a ilustración da ideoloxía trifuncional dos indoeuropeos, segundo a expuxo Georges Dumézil. Igual que nos textos mitolóxicos irlandeses, un verniz cristián cobre unhas historias que preceden a tradición cristiá.

A redacción tardía indica unha longa tradición oral, estes mitos transmitíronse de xeración en xeración, a través dos séculos, polo que non é posíbel precisar a súa orixe.

Na vaga de celtomanía do século XIX, Lady Charlotte Guest fixo unha primeira publicación expurgada en inglés, da que algunhas partes se traduciron ao francés por parte de Théodore Hersart de la Villemarqué. A primeira versión francesa integral publicouna Joseph Loth.

As Catro Ramas

Pwyll, príncipe de Dyved

Este conto ten como argumento a orixe, o fundamento e a lexitimidade da realeza. O contrato feito cun rei do Outro Mundo indica claramente a orixe divina. A voda de Pwyll coa deusa RhiannonO nome de Rhiannon procede de Rigantona, e significa «Grande Raíña». «É un aspecto da grande divindade céltica» da mitoloxía galesa. Christian-J. Guyonvarc'h e Françoise Le Roux, Les Druides, px 415. é conforme á mitoloxía céltica, pois a soberanía é un concepto feminino. A xustiza e a xenerosidade do rei son dúas cualidades fundamentais e indispensábeis da función.

O cambio dos reinos

Pwyll, príncipe de Dyved, deixa a súa residencia de Arberth para ir cazar a Glynn Cuch. Solta a súa manda de cans e ve pasar un cervo ao que perseguía e logo mataba outra manda de cans brancos. Despois de distribuír a carne entre os seus propios cans, chega o propietario da outra manda, Arawn o rei de Annwvyn, que lle reprocha que se teña apropiado da presa. Pwyll acepta dar unha compensación e Arawn propón intercambiaren os seus reinos e identidades por un ano, a cuxo termo Pwyll había deber enfrontarse contra Havgan, un inimigo de Arawn.

Tras concluíren o acordo, Arawn acompaña a Pwyll ata a súa residencia onde o reciben, baixo a aparencia de Arawn. Despois da cea vai durmir coa raíña, pero non a tocou, nin a ha tocar durante a súa estancia. Pasa o ano «en cacerías, concertos, banquetes, a amizade e a conversa coa súa compañía ata o día fixado.»

Ao pasar o ano, é a hora do duelo no «medio do vao». Pwyll mata a Havgan no primeiro golpe. O vencedor «recibe o homenaxe dos guerreiros» e reina sobre os dous reinos, alcuman a Pwyll «príncipe de Annwvyn». Despois diríxese a Glynn Cuch e atopa alí a Arawn; retoman a s súas identidades e aspectos respectivos. Pola noite, Arawn encóntrase coa súa muller e faille o amor; na conversa que seguiu, dáse conta de que Pwyll non tocara a súa muller. Felicítase polo seu aliado e cóntalle a verdade á muller. Pwyll volve a Dyved, tranquilízano sobre como foi administrado o seu reino na súa «ausencia» e cóntalles a verdade aos nobres.

Pwyll e Rhiannon

O outeiro Gorsedd Arberth («a Sede de Arberth ») é famoso polos sortilexios. Despois dun banquete, Pwyll príncipe de Annwvyn ve chegar unha xinete cuxa montura avanza a un paso lento e regular. Manda a un a lle preguntar quen é, pero o home indo a pé non a dá collido. Tampouco o da a cabalo, canto máis o forza, máis se afasta a xinete sen que ela teña mudado o paso. Ao terceiro día, o mesmo Pwyll ponse a perseguila e, como nin el a daba alcanzado, chama por ella e esta detense inmediatamente. Cando a ve, queda preso da súa beleza.

Ela dille que viñera para atopalo e que se chamaba Rhiannon, filla de Eveydd o Vello. Explícalle a Pwyll que a queren casar contra a súa vontade, pero que ela estaba namorada del e quere casar con el. El acepta e decídese que a voda se había celebrar ao cabo dun ano, na corte de Eveydd. Ao ano seguinte, despois do banquete de voda, un home fai unha petición a Pwyll, que este acepta por anticipado: pídelle a súa futura esposa e as provisións para as nupcias. Trátase de Gwawl, co que estivera prometida Rhiannon e ao que ela rexeitara. Como non podía botarse atrás no seu acordo, Rhiannon imaxina unha estrataxema para non casar con Gwawl.

Cando chegou o día, Pwyll, provisto dun saco máxico, chega con cen cabaleiros. Entra vestido como un mendigo e pide que lle enchan o saco de comida. O saco non se dá enchido e Pwyll pídelle a Gwawl que aperte a comida co seu pé e méteo no saco, que pecha con lazos. Pwyll fai soar o corno para facer vir os seus cabaleiros e todos golpean o saco. Gwawl pide graza e Pwyll volve a Dyved con Rhiannon. O seu reinado caracterizouse pola equidade, a xustiza e a xenerosidade.

O rapto de Pryderi

Despois de catro anos, Pwyll e Rhiannon teñen un fillo, ao que raptan a noite mesma de nacer. As seis mulleres encargadas de gardar o neno acusan a Rhiannon de infanticidio. Decídese que a súa penitencia había ser ficar sete anos no patio de Arberth, sentada preto do «montadoiro dos cabaleiros», contar a súa historia aos que pasaban e levalos polo patio sobre o seu lombo.

Teirnon Twryf Vliant, señor de Gwent-Ys-Coed, tiña unha egua que paría cada ano o primeiro de maio, pero invariabelmente o poldro desaparecía. Ao chegar a noite, ponse a vixiar a egua que paría e ve un grifón pasar pola fiestra para coller o poldro; dun golpe de espada alcanza o grifón e sae da habitación pero non pode ver o que pasa a causa da escuridade. Cando volve, atopa un rapaz que lle dá á súa muller e que bautiza co nome de Gwri Wallt Euryn (é dicir «da cabeleira dourada»). Este medra rapidamente, e á idade dun ano parece que ten tres; aos catro anos intenta montar a cabalo e danlle o poldro que nacera o día en que o atoparan.

Teirnon coñece o infortunio de Rhiannon e comprende que o neno é o fillo de Pwyll. Coa súa muller, deciden restituír o neno. Ao que chegaron a Arberth, Rhiannon ofrécese a levalos ao lombo ata a corte, cousa que rexeitan. Ao final do banquete ao que os invitaran, Teirnon conta a súa historia e presenta o seu fillo a Rhiannon. Deciden chamalo Pryderi («preocupación»).

A Pryderi criouno Pendaran Dyved. Á morte de Pwyll, Pryderi sucédeo e agranda o reino. É un bo rei, amado de todos os seus súbditos. Casa con Kigva.

O Mabinogi de Branwen

O segundo conto dos Mabinogion trata das relacións difíciles entre as nacións celtas. A guerra é o tema central e vese unha glorificación do guerreiro heroicoVer Les Quatre branches du Mabinogi et autres contes gallois du Moyen Âge, introduction de Pierre-Yves Lambert no Mabinogi de Branwen, px. 57.. A guerra, as razzias son ademais nocións recorrentes na civilización céltica. Bran é un xigante, cuxo nome significa «corvo», animal emblemático das divindades asociadas coa morte.

A historia de Matholwch representa tres infraccións a cada unha das clases indoeuropeasVer o artigo trifuncionalidade indoeuropea. Segundo Georges Dumézil, os mitos e as sociedades se organizan segundo tres funcións primordiais: a función sacerdotal, a función guerreira e a función produtiva.: a violación do tratado de paz (natureza xurídica) é unha falta que atinxe á primeira función; a trampa que puxo Matholwch para masacrar os «bretóns» é unha falta contra a ética da función guerreira; a desgraza de Branwen é un ataque á función de produciónPhilippe Jouët, Aux sources de la mythologie celtique, px 113ss..

A voda e a degraza de Branwen

Matholwch, o rei de Iwerddon (Irlanda), desembarca na illa de Britannia cunha frota de doce naves. Chega á corte de Bran o BenditoBran o Bendito tamén é chamado Bran Vendigeit ou Bendigeituran., o xigante fillo de Llyr, para lle pedir a man da súa irmá Branwen, e así concluír un tratado de paz. Tras deliberaren, o consello decide conceder a demanda e todos se dirixen a Aberffraw para celebraren a vodaAberffraw: o esteiro do Ffraw, residencia real. Ver Les Quatre branches du Mabinogi nota 10 de Pierre-Yves Lambert, px. 358.. Esa mesma noite, Matholwch e Branwen dormen xuntos.

Evnissyen, o medio irmán da rapaza, furoso porque non o consultaran, corta os belfos, as orellas, as pálpebras e a cola dos cabalos dos irlandeses, coa esperanza de romper os acordos. Ante a afronta, Matholwch volve a Irlanda, pero reparan a ofensa ao dárenlle novas monturas, unha vara de prata e unha placa de ouro e un caldeiro máxico, que ten o poder de resucitar os guerreiros mortos no combate. Matholwch leva a súa nova esposa ao seu reino, onde a acollen ben; o ano pasa na «gloria» e a «celebración» e Branwen ten un fillo: Gwern.

Ao ano seguinte corren rumores sobre a afronta que sufrira Matholwch e, en vinganza, esixen que Branwen sexa apartada do leito real e condenada a cociñar na corte, onde cada día o cociñeiro vén para lle dar unha labazada. Ademais, fican prohibidas as relacións entre Irlanda e o País de Gales. Isto ha durar tres anos, durante os cales ela cría un estorniño. Envía o paxaro, cunha mensaxe, ao seu irmán Bran.

A invasión de Irlanda

Ao que recibe a mensaxe de Branwen e coñece a súa desgraza, Bran o Bendito reúne os cento cincuenta e catro reinos e desembarca en Irlanda, deixando só sete guerreiros para defenderen o seu reino. Para evitar a guerra, Matholwch propón abdicar e confiar o reino ao seu fillo Gwern, que era o sobriño de Bran. Constrúen un edificio inmenso para recibir os belixerantes (Bran é un xigante que non dá entrado en casa ningunha, nin montar en barco ningún: atravesou o mar de Irlanda vadeando). Pero os irlandeses deciden tendérenlle unha emboscada aos galeses: de cada lado das cen columnas da casa, colgan sacos de fariña que contiñan un guerreiro cada un. Evnissyen descobre a estrataxema e mata os douscentos guerreiros irlandeses esmagándolles a testa. A reunión ten lugar finalmente, cada un nunha parte da casa. Gwern vai sucesivamente onda cada un dos seus tíos: Bran o Bendito, Manawyddan Fab Llyr, Nisien. Cando o rapaz se aproxima a Evnissyen, este agárrao polos pés e bótao no lume.

A guerra é total, Evnissyen destrúe o caldeiro máxico e matan a todos os irlandeses. Canto aos galeses, só sobreviven sete.

A cabeza cortada de Bran o Bendito