Montreal (en francés e oficialmente: Montréal) é a maior cidade da provincia do Quebec, no Canadá, a segunda máis populosa do país, e tamén a segunda cidade francófona máis populosa do mundo. É tamén unha rexión administrativa do Quebec. Sitúase na illa de Montreal, no río San Lourenzo. É un dos principais centros industriais, comerciais e culturais de América do Norte.

Montreal posúe a segunda maior poboación francófona do mundo, estando só por detrás de París. Porén, Montreal tamén posúe unha considerábel comunidade anglófona, e un crecente número de persoas cuxo idioma materno non é nin o francés nin o inglés.

A palabra "Montreal" é a versión arcaica, escrita de forma simplificada, de Mont-Royal, un monte localizado na cidade, no centro da illa.

Montreal é un dos centros culturais máis importantes do país, aloxando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, están a Juste pour Rire, un dos maiores festivais de comedia do mundo, o Festival de Jazz de Montreal, un dos maiores festivais de Jazz do mundo, e o Grand Prix de Montreal. A cidade, en total, aloxa máis de 70 eventos internacionais por ano. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, a Vieux Montreal, a cidade é considerada a cidade máis europea de América do Norte.

Montreal posúe unha das poboacións mellor educadas do mundo, posuíndo a maior concentración de estudantes universitarios per cápita de toda América do Norte. A cidade posúe 4 universidades -dúas delas francófonas e dúas delas anglófonas- e 12 facultades. É un centro de industria de alta tecnoloxía -especialmente na área de medicina e na industria aeroespacial.

Historia O lugar onde se levanta a cidade de Montreal era habitado por nativos algonquinos, huróns e iroqueses, durante miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos. Os ríos e lagos da rexión estaban cheos de peixes, que servían como alimento aos nativos, alén de servir como rutas de transporte.

O primeiro europeo en pisar na actual cidade de Montreal foi Jacques Cartier, que navegara o Río San Lourenzo, en 1535. Tras escoitar rumores nunha aldea iroquesa, onde hoxe está localizada a cidade do Quebec, de que existía ouro na Illa de Montreal, e impedido de continuar a súa exploración río arriba polas Cataratas de Lachine (xeograficamente ao sur de Montreal), Cartier explorou a illa, avistando unha aldea iroquesa, Hochelaga, onde vivían aproximadamente mil nativos. A aldea estaba localizada ao pé do Monte Royal. Cartier entón fincou unha cruz, a primeira dunha serie, en honra ao rei francés Francisco I, que patrocinara a expedición de Cartier. Para desgraza do navegante francés, o que os nativos describiran como un "metal brillante" non pasaba de ser cuarzo, ou talvez pirita (o ouro dos parvos).

Samuel de Champlain foi á illa de Montreal dúas veces, en 1603 e 1611, case un século despois de Cartier. Hochelaga, daquela, xa fora abandonada polos iroqueses.

Colonización francesa miniatura|250px|Bosquexo da cidade en 1647 En 1639, o cobrador de impostos Jérome Le Royer creou unha compañía, en París, co obxectivo de colonizar a actual illa de Montreal. En 1641, a compañía enviou un grupo de misioneiros cristiáns, cuxo obxectivo principal era "cristianizar" os nativos locais. En 1642, o grupo misioneiro, composto por preto de 50 persoas, desembarcou na illa e construíu un forte, establecendo a Vila María de Montreal (Ville Marie de Montréal).

Os iroqueses atacaron continuamente o forte, esperando destruír o entón rendíbel intercambio de peles que os franceses mantiñan cos algoquinos e furóns, rivais dos iroqueses. A pesar destes ataques, Montreal prosperaba como centro católico de cambio e venda de peles, ben como unha base central para a exploración doutras rexións da Nova Francia (rexións da América do Norte parte do imperio francés). No comezo do século XVII, a pequena Ville-Marie pasou a ser chamada Montreal. Entón, posuía unha poboación de aproximadamente 3 500 habitantes.

Colonización inglesa Montreal en 1784|250px|miniatura|esquerda Montreal foi invadida por forzas inglesas en 1760, durante a Guerra dos Sete Anos (1754 a 1763), e pasando definitivamente a estar baixo control británico en 1763, dada a decisión francesa de manter a illa de Guadalupe, no Tratado de París, e cedendo as colonias en América do Norte para o Reino Unido.

Foi ocupada temporalmente polos Estados Unidos durante a guerra da independencia en 1776. Benjamin Franklin e outros diplomáticos americanos tentaron conseguir o apoio de canadenses francófonos á causa da independencia das 13 colonias americanas contra os británicos, sen éxito. En xuño de 1776, coa chegada de tropas británicas, os americanos recuaron.

No inicio do século XIX, Montreal posuía aproximadamente 9 000 habitantes, cando inmigrantes vidos da Escocia comezaron a se instalar na cidade. Aínda que constituíndo apenas unha pequena porcentaxe da poboación da cidade, foron esenciais para a construción do Canal de Lachine, en 1825, que permitiu a navegación de grandes navíos polo río, tornando a pequena Montreal nun dos principais centros portuarios de América do Norte. Os pioneiros escoceses tamén crearon a primeira ponte conectando a illa co continente, o primeiro shopping center da cidade, ferrocarrís, e o Banco de Montreal, o primeiro banco do Canadá, e actualmente un dos maiores bancos do país.

Foi a capital da provincia colonial do Canadá entre 1844 e 1849, e centro dunha explosión económica que atraeu moitos inmigrantes de lingua inglesa, como irlandeses, escoceses e ingleses. Isto tornou a cidade por un curto período de tempo primariamente anglófona, ata a chegada de máis inmigrantes franceses nas décadas de 1840 e 1850. Este crecemento acelerado fixo de Montreal a maior cidade da América inglesa, e indiscutibelmente a capital económica e cultural do Canadá, causando un boom de poboación: de 1825 a 1850, a cidade pasou de 16.000 a 50.000 habitantes.

De 1867 á Década de 1950 250px|esquerda|miniatura|Palacio da Xustiza do Quebec, 1880. O crecemento da cidade, tanto en termos económicos (construción de industrias e ferrocarrís) como de poboación (a cidade alcanzou os 100.000 habitantes no final da década de 1860, dos cales a metade eran de orixe francesa) continuaba. A importancia e a prosperidade económica da cidade aumentou cando se construíu a primeira vía ferroviaria transcontinental, conectando Montreal con Vancouver, na Columbia Británica, e outras cidades importantes no interior. No cambio de século, Montreal alcanzara aproximadamente 270.000 habitantes.

Na primeira guerra mundial, na que Canadá loitou do lado dos aliados (Francia, Inglaterra, e, posteriormente, os Estados Unidos), os habitantes anglófonos da cidade apoiaron o goberno, con moitos deles ofrecéndose para loitar na guerra. Os habitantes francófonos, con todo, non tiveron o mesmo entusiasmo. En 1917, con insuficiencia de soldados, o recrutamento forzado de calquera persoa elixíbel para loitar na guerra causou revoltas en Montreal, afastando a poboación anglófona e francófona unha da outra. Montreal en 1889|miniatura|dereita|250px

Despois da primeira guerra mundial, coa prohibición de bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, Montreal tornouse un paraíso para os norteamericanos na busca de alcohol. A cidade gañou o infame apelido de Sin City (Cidade do Pecado), grazas á venda de bebidas alcohólicas, xogo e prostitución.

A pesar de ser duramente atinxida pola Gran Depresión económica nos anos 30, Montreal continuou a desenvolverse, coa construción de varios rañaceos. Entre eles, o Edificio Sun Life, o máis alto da Commonwealth Inglesa por un longo período de tempo.

A segunda guerra mundial e o alistamento forzado de persoas trouxeron novamente problemas de cuño cultural entre anglófonos e francófonos. Desta vez, sen maiores consecuencias que a prisión de Camillien Houde, entón prefecto da cidade, que incentivara os habitantes de Montreal a ignorar a causa do goberno canadense na guerra, exhortando ao non alistamento na mesma.

Anos 60 e 70 250px|miniatura|dereita|A Biosfera de Montreal, unha das atraccións da antiga Feira Mundial de 1967.

Cara 1950, a cidade de Montreal alcanzou seu primeiro millón de habitantes. Jean Drapeau foi elixido prefecto da cidade en 1954, ficando no cargo ata 1957, e, despois, de 1960 ata 1986, iniciando grandes proxectos como un sistema de metro, unha cidade subterránea, a expansión da baía portuaria, a inauguración do canal hidroviario do Río San Lourenzo e a construción de modernos edificios comerciais no centro da cidade.

Montreal foi o centro do crecemento do nacionalismo quebequés, que comezara nos anos 50, e medrou ata o comezo dos anos 70. En 1967, Montreal foi sede da Expo 67, unha feira internacional que coincidiu co centenario da independencia canadense. A Expo 67 acabou por ser unha das maiores xa realizadas da historia, alén de ter sido o palco dun famoso discurso do entón presidente francés, Charles de Gaulle, no cal expresaba o seu apoio aos nacionalistas Quebequenses, causando turbulencias nas relacións franco-canadenses.

Montreal organizou os Xogos Olímpicos de Verán de 1976, o que dividiu profundamente a cidade debido a gastos non controlados e a corrupción. A débeda continúa a ser pagada hoxe en día.

O maior centro urbano do Canadá e principal centro comercial e industrial do país desde os principios da historia moderna do Canadá, Montreal, foi superado, en número de habitantes e importancia económica, pola cidade de Toronto (Toronto e os seus cinco suburbios da época, que actualmente compoñen a cidade de Toronto), na provincia de Ontario, entre a década de 1970 e 80.

O crecemento do nacionalismo Qquebequense tivo como consecuencia a ocorrencia de actos terroristas, cometidos na cidade por extremistas entre 1963 e 1970. A aprobación da Lei 101 polo goberno do Quebec, en 1977, limitando o uso do inglés e outros idiomas distintos ao francés na política, comercio e nos medios de comunicación, foron factores decisivos, causando o afastamento de comerciantes e empresas internacionais, que se mudaron principalmente a Toronto, e a diminución do número de inmigrantes instalados na cidade.

A cidade celebrou o seu 350º aniversario en 1992.

Unha illa, unha cidade miniatura|340px|Mapa da cidade de Montreal e os seus 26 distritos antes da fusión do 2001 En 2001, o Partido Quebequés, entón no goberno da provincia, fundiu as outras 26 cidades que ocupaban a Illa con Montreal, formando unha única cidade - a cidade de Montreal - baixo o lema Une île, une ville (Unha illa, unha cidade), á vez que tamén se fusionaban outras cidades do Quebec. Isto foi feito por razóns económicas, esperando que as cidades maiores serían máis eficientes en termos económicos, podendo ser máis competitivas con outras cidades canadenses, como Toronto, que se fusionara con outras cinco cidades veciñas en 1998.

As cidades que existían na Illa de Montreal, unidas nesta fusión eran: Anjou, Baie d'Urfé, Beaconsfield, Côte Saint-Luc, Dollard-des-Ormeaux, Dorval, Hampstead, Île-Bizard, Île-Dorval, Kirkland, Lachine, LaSalle, Montréal-Est, Montréal-Nord, Montréal-Ouest, Outremont, Mont-Royal, Pierrefonds, Pointe Claire, Roxboro, Sainte-Anne-de-Bellevue, Sainte-Geneviève, Saint-Laurent, Saint-Léonard, Senneville, Verdun e Westmount.

Porén, como aconteceu noutras fusións fóra do Canadá, a fusión destas 26 cidades non foi ben aceptada por boa parte da poboación desas cidades. Complicando aínda máis esta situación, era a presenza de cidades anglófonas, que se fusionaron coa francófona Montreal. A poboación destas temía que os seus dereitos non se respectasen con este acto.